A Oficina de Rehabilitación do Concello ultima a memoria das actuacións a realizar ao abeiro da prórroga do Plan Estatal 2013/2016
A Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui traballa estes días na redacción da memoria xustificativa da achega de 71.778€ que lle foi concedida a Concello de Tui dentro da prórroga do Plan Estatal 2013-2016 para Áreas de Rehabilitación Integral.
Este investimento terá por obxectivo a realización da obras de conservación, habitabilidade e accesibilidade en inmobles destinados a vivendas situados no conxunto histórico, San Domingos e San Bartolomeu que deberán estar concluídas antes de decembro de 2018.