Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo persoal OBRADOIRO EMPREGO REVALORIZA TUI 2021

Undefined

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 05/10/2021 se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de 20 alumnos traballadores e do proceso selectivo do  equipo directivo, os docentes e o persoal de apoio para o desenvolvemento do Obradoiro de emprego Revaloriza Tui 2021.

Os aspirantes dispoñen de 1 DÍA HÁBIL para presentar alegacións a listaxe provisional de admitidos e excluídos, prazo que remata o 06/10/2021

Proc. selectivo LISTA PROFESOR VIOLIN

Undefined

Rematadas as probas selectivas do proceso para a formación dunha lista de reserva para contratacions temporais de profesor de violin, publicanse as puntuacións outorgadas polo tribunal, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para a presentación de alegacións as puntuacións provisionais, rematado o prazo sen presentarse alegacións as mesmas serán consideradas definitivas en caso de alegacións as mesmas serán resoltas polo tribunal.

Proceso selectivo lista profesor VIOLIN

Undefined

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 23/09/2021 se aprobou a lista de admitidos, o nomeamento do tribunal e a data do exame do proceso selectivo para a formación de lista de reserva de profesor de violin.

O exame será o vindeiro venres día 01/10/2021 nas instalacións da escola-conservatorio de música de Tui, as 09:00 horas.

O proxecto IniciaTic impartirá seis cursos sobre transformación dixital e emprendemento para persoas emprendedoras, autónomas e PEMES en colaboración co Concello de Tui

Undefined

Os martes, mércores e xoves, do 21 e o 30 de setembro, de 15 a 16.30 h, terán lugar seis cursos en liña e gratuítos sobre en transformación dixital e emprendemento dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas e PEMES. Forman parte do proxecto IniciaTic desenvolvido entre a Fundación Cibervoluntarios e o Ministerio de Traballo e Economía Social, contando neste caso coa colaboración do Concello de Tui. 

Puntuacións listas profesores escola-conservatorio

Undefined

No día de onte 08/09/2021, realizaronse as probas selectivas e valoración de méritos dentro dos procesos selectivos para a formación de lista de reserva de profesores de piano, óboe, clarinete e trombón. 

Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para  presentar alegacións contra as puntuacións provisionais, prazo que remata o vindeiro martes día 14/09/2021

Proc. select lista operarios limpeza viaria

Undefined

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 31/08/2021 se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de  selección para a constitución dunha lista de reserva para contratacións laborais temporais-nomeamentos interinos de prazas de operario de limpeza viaria.

Os aspirantes dispoñen de 5 días hábiles para presentar alegacions a lista provisional prazo que remata o vindeiro día 07/09/2021

Para mais información prema aquí

Últimas prazas para o curso de Riscos Laborais na Construción que comeza o día 6

Undefined

Quedan so dúas prazas para o curso básico de prevención de riscos laborais na construción que se vai celebrar en Tui do 6 ao 17 de setembro de luns a venres de 15.30 h a 21.30 h. Está organizado polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción. 

Este curso Básico de Prevención en Riscos Laborais ten cunha duración de 60 horas. 

Procesos selectivos formación lista de reserva profesores piano, trombón, clarinete e óboe

Undefined

Finalizado o prazo de presentación de alegacións mediante Resolución da concellaría delegada de persoal de aprobou a lista definitiva de admitidos e excluídos de cada un dos procesos, se nomeou o tribunal e se sinalou coma data de realización da proba o vindeiro día 08/09/2021 na casa do Concello sita en Praza do Concello nº 1 36700 Tui, as horas poderán se consultadas en cada anuncio.

Para mais información prema aquí

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego