Proceso selectivo lista reserva prazas operarios limpeza
Hoxe o tribunal reuniuse para a resolución das alegacións presentada contra as preguntas do primeiro exame do proceso selectivo de operarios de limpeza.
A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Hoxe o tribunal reuniuse para a resolución das alegacións presentada contra as preguntas do primeiro exame do proceso selectivo de operarios de limpeza.
Hoxe día 06/04/2022 se celebrou o primeiro dos exercicios do proceso selectivo para a formación de lista de reserva de prazas de operarios de limpeza.
Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para a presentación de alegacións as puntuacións provisionais.
Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 01/04/2022 se aprobou a lista definitiva de admitidos e excluídos, o nomeamento do tribunal e se fixou a data de celebración da primeira proba do proceso de selección para a constitución dunha lista de reserva para contratacións laborais temporais-nomeamentos interinos de prazas de operario de limpeza viaria.
Os aspirantes dispoñen de 3 días naturais para recursar o tribunal (prazo que remata o luns día 04/04/2022.
Hoxe incorporáronse á plantilla do Concello de Tui 17 persoas contratadas a xornada completa, durante 6 meses, o abeiro da subvención da Deputación de Pontevedra, segundo as Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2022-23 publicadas no BOPPO n'úmero 230 do 27/11/21.
En concreto foron contratadas dez persoas coma peóns de horticultura e xardinería e outras cinco persoas traballarán coma operarios de obras. Tamén se incorporou unha persoa coma oficial condutor e outra coma auxiliar administrativo.
O alumnado do obradoiro “Revaloriza Tui 2021” vén de rematar hai uns días a primeira das obras incluídas no proxecto de restauración de elementos patrimoniais municipais. Trátase do lavadoiro de Laxes en Randufe. O alumnado dos módulos de cantería e carpinteiría comezou en xaneiro estes traballos que veñen de concluír. O lavadoiro que estaba nun estado deplorable recuperou grazas a esta intervención todo o seu esplendor. O alumnado continuará agora, seguindo o proxecto establecido, coa restauración do lavadoiro de Souto.
Hoxe reuniuse o tribunal do proceso selectivo para a ampliación da lista de reserva para contratacións laborais temporais de profesores de piano, para a resolución de alegacións e realización do desempate, propondo a orde da lista de reserva.
O día 17/03/2022 reuniuse o tribunal do proceso de selección para a formación da lista de reserva para prazas de arquitecto para proceder a lectura do 2º exercicio e a valoración dos méritos.
Unha vez finalizado os mesmos se procede a publicación do certificado da acta coas puntuacións, os apirantes dispoñen de 3 días hábiles para a presentación de alegacións, prazo que finaliza o vindeiro 23/03/2022
Hoxe día 16/03/2022 celebrarónse as probas dentro do procesos selectivos para a contratación laboral temporal de:
1.-Un auxiliar administrativo vinculado a subvención do Plan Concellos 2022.
2.- Cinco operarios de obras vinculados a subvención do Plan Concellos 2022.
3.- Un oficial segunda condutor vinculado a subvención do Plan Concellos 2022.
Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles ata o vindeiro luns día 21/03/2022 para presentar alegacións as puntuacións provisionais.
Hoxe día 15/03/2022 celebrouse a proba dentro do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 10 peóns de horticultura e xardineria vinculados a subvención do Plan Concellos 2022.
Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles ata o vindeiro venres día 18/03/2022 para presentar alegacións as puntuacións provisionais.
Esta xa habilitado na web municipal un formulario para que a veciñanza poida ofrecer a súa axuda á poboación ucraína.
Deste xeito búscase coñecer os recursos, tanto materiais coma humanos, cos que se pode contar en Tui para axudar á poboación ucraína desprazada ao municipio.
Así por unha banda a cidadanía pode ofrecer vivenda, gratuíta ou en aluguer, pero tamén o seu tempo realizando labores de tradución, axudando en clases de castelán, levando a cabo reforzo educativo, acompañamento, clasificación e organización de material, … indicando a súa dispoñibilidade horaria.