Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo ampliación lista de reserva PIANO

Undefined

Hoxe reuniuse o tribunal do proceso selectivo para a ampliación da lista de reserva para contratacións laborais temporais de profesores de piano.

Se publica as puntuacións provisionais das valoracións, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles, para presentar alegacións a ditas puntuacións (prazo que remata o vindeiro xoves día 17/03/2022).

Asemade e dado que hai un empate que non se pode resolver cos criterios sinalados no artigo 7 das bases, realizarase un sorteo de desepamte o vindeiro venres día 18/03/2022 as 11:00 horas na casa do concello.

Proceso ampliación lista reserva profesor piano

Undefined

Mediante Resolución da Concellería de persoal de data 11/03/2022 se aprobou a lista definitiva de admitidos e excluídos, se nomeou o tribunal e se sinalou a data de realización da valoración de méritos do proceso de selección para a ampliación da lista de reserva para contratacións temporais de profesores de piano para a escola-conservatorio de música de Tui.

A realización da valoración de méritos realizaráse o vindeiro luns día 14/03/2022

Proceso selección lista de reserva prazas de aquitecto

Undefined

Hoxe realizáronse o primeiro e o segundo exercicio da fase de oposición do proceso de selección para a formación de lista de reserva de arquitectos.

Mediante acta do tribunal publicase os resultados do primeiro exercicio e se convoca os aspirantes para a lectura do segundo exercicio para o vindeiro día xoves17/03/2022, as 09:30 horas na aula Cemit,do Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) na rúa Colón de Tui

Procesos plan Concellos 2022

Undefined

Mediante Resolucións da Concellería delegada de persoal de data 11/03/2022, se aprobaron as lista de persoas aspirantes, se nomeou o tribunal e se sinalou a data da realización das probas selectivas dos proceso de selección seguintes:

1.-Para a contratación laboral temporal a tempo completo de 10 peóns de horticultura e xardinería dentro do Plan Concellos 2022.

A realización da proba selectiva é o vindeiro martes día 15/03/2022  na nave de maquinaria do Concello de Tui, sita en Albelos Guillarei s/n, nos seguintes horarios:

Tui acolle o itinerario formativo de Limpeza de Superficies e Mobiliario en edificios e locais do Proxecto Labora 2020

Undefined

Tui vai acoller un dos itinerario formativos do Proxecto Labora 2020 que está a executar a Deputación de Pontevedra coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE). Será o Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais (SSCM0108) cunha duración de 262 horas.  

Este itinerario, ao igual que os outros que conforma o proxecto Labora 2020 vai destinado a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra que se atopen en algunha das seguintes situacións:

Prazas vacantes no curso de competencia clave FCOV22 Comunicación en lingua castelá N2.

Undefined

O Concello de Tui dispón de 8 prazas vacantes para a realización do curso de competencia clave FCOV22 Comunicación en lingua castelá N2.

O curso está programado para realizarse entre o 23 de marzo ao 4 de maio, de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

A selección do alumnado realizarase o día 16 de marzo ás 9:30 h no Centro Municipal de Formación en Guillarei, acudindo co DNI. As persoas interesadas deben estar desempregadas e non poden estar en posesión da titulación da ESO nin ter realizado este curso anteriormente.

Ampliación lista de reserva profesores de piano

Undefined

Mediante Resolución da Concellería de persoal de data 08/03/2022 se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección para a ampliación da lista de reserva para contratacións temporais de profesores de piano para a escola-conservatorio de música de Tui.

Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para a presentación das alegacións que estimen oportunas. (prazo dende o 09/03/2022 ata o xoves día 10/03/2022).

O Concello de Tui porá dez vivendas municipais en Caldelas a dispor dos refuxiados ucraínos

Undefined

Diante do desastre humanitario que significa o éxodo masivo de cidadáns ucraínos fuxindo da guerra e a destrución provocadas pola invasión rusa do seu país, o Concello de Tui mantivo hoxe unha primeira reunión para coordinar dende a institución municipal a axuda local á poboación ucraína. 

O Concello de Tui respondendo a solicitude realizada dende a FEGMP ten posto a disposición as dez vivendas municipais que están baleiras en Caldelas. Amais dende o Concello, faise un chamamento á poboación que poida contar con vivendas baleiras para alugar que comuniquen a súa disposición. 

Proceso selectivo ampliación lista de reserva para contratacións temporais de profesores de piano

Undefined

Mediante Resolución da Concellería de persoal de data 18/02/2022 se aprobou a convocatoria e as bases de selección para a ampliación da lista de reserva para contratacións temporais de profesores de piano para a escola-conservatorio de música de Tui.

Con data 24/02/2022 se publicou no BOPPO anuncio para o inicio do computo do prazo de presentación de instancias.

Os aspirantes dispoñen de 5 días hábiles para a presentación das mesmas. (prazo dende o 25/02/2022 ata o venres día 04/03/2022.

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas ao abeiro do Plan Concellos

Undefined

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos 2002 a ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. 

Os contratos serán a xornada completa por un período de 6 meses. Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tui, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, co correspondente código, como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego