Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo para formación de lista de reserva operarios limpeza viaria

Undefined

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 30/07/2021 se aprobou a convocatoria e bases de selección para a constitución dunha lista de reserva para contratacións laborais temporais-nomeamentos interinos de prazas de operario de limpeza viaria.

Con data 05/08/2021 se publicou no BOPPO anuncio de inicio de computo de prazo de presentación de instancias, dito prazo son 10 días hábiles a partir da publicación do anuncio no BOPPO, prazo que remata o día 19/08/2021.

O Servizo de Orientación para o Emprego xestionou no primeiro semestre do ano preto de 200 ofertas de emprego

Undefined

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral do Concello de Tui xestionou no primeiro semestre deste ano 200 ofertas de emprego. Na Bolsa de Emprego Municipal posta en marcha neste 2021 inscribíronse 91 persoas das que 27 se incorporaron ao mercado laboral a través da xestión das ofertas realizadas dende este departamento municipal, que ten a súa sede no Centro Municipal de Formación, en Guillarei.

Proceso selectivo peón forestal APROL 2021

Undefined

Rematado o prazo de alegacións as puntuacións provisionais do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun peón forestal a tempo completo vinculado a subvención APROL 2021, sen que se presentase algunha, as puntuacións consideránse definitivas, polo que mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 13/07/2021 se require o aspirante proposto polo tribunal para a súa contratación, a presentación da documentación necesaria para realizar a contratación.

Prazas vacantes no curso de prevención de riscos laborais na construción que comezará o día 26 de xullo

Undefined

Quedan prazas vacantes nos cursos de prevención de riscos laborais na construción que do 26 de xullo ao 6 de agosto, de luns a venres de 15.30 a 21.30 h, se van impartir en Tui.

Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

Proceso selectivo peón forestal APROL 2021

Undefined

Rematado o proceso de selección para a contratación laboral temporal dun peón forestal a tempo completo vinculado a subvención APROL 2021, o tribunal publica as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para  presentación de alegacións, unha vez finalizado o prazo sen presentarse as alegacións as puntuacións provisionais serán definitivas. O prazo de presentación de alegación é ata o vindeiro luns día 12/07/2021.

Este venres remata o prazo de inscrición nos cursos de Prevención de Riscos Laborais na construción

Undefined

Até este venres, 2 de xullo, está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de prevención de riscos laborais na construción, que proximamente se van impartir en Tui.

Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

Procesos selectivos formación lista de reserva profesores piano, trombón, clarinete e óboe

Undefined

Mediante Resolucións da Concellería delegada de persoal de data 18/06/2021, se aprobou a convocatoria e bases de selección para a formación de lista de reserva para contratacións temporais de profesores da escola-conservatorio nas especialidade de:   piano, trombón, clarinete e óboe.

Os interesados poden presentar as súas instancias no rexistro de entrada, recomendase a presentación a través do rexistro electrónico, en caso contrario debe solicitarse cita previa.

O prazo de presentación de instancis é de 10 días hábiles, prazo que remata o vindeiro día 09/07/2021.

Proceso selectivo nomeamento interino auxiliar arquivo e biblioteca e formación lista de reserva

Undefined

Unha vez rematado o prazo de alegacións mediante resolución da concellería delegada de persoal de dta 23/06/2021, se aceptou a proposta do tribunal e se require o candidato proposto polo tribunal, a presentación da documentación necesaria para o seu nomeamento. Tamén mediante Resolución da Concellería de persoal de data 23/06/2021 se aprobou a listaxe de reserva.

 

O aspirante dispon de 5 días hábiles para a presentación da documentación necesaria para o seu nomeamento.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego