Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Gastronomía, un xogo de escapismo e unha visita guiada pechan a programación do Setembro Xudeu

Undefined

A programación do Setembro Xudeu en Tui remata esta fin de semana pechando a oferta de actividades desenvolvidas ao longo deste mes que contaron cunha moi boa acollida.  Un xogo de escapismo ao aire libre, a derradeira visita guiada e as xornadas gastronómicas son as citas desta fin de semana. 

Así hoxe sábado, ás 18 h, diante da Oficina de Turismo comezará o xogo de escapismo sobre a “A comunidade xudía de Tui” que levará as persoas participantes a unha emocionante aventura polas rúas do centro histórico seguindo as indicacións e pistas para ir resolvendo os diferentes desafíos.

Este sábado xogo de escapismo ao aire libre para descubrir “A Comunidade Xudía de Tui”

Undefined

A cidade de Tui será o escenario dun xogo de escapismo sobre “A comunidade xudía de Tui” que terá lugar este sábado, 28 de setembro. Comezará ás 18 h inicio diante da Oficina Municipal de Turismo no céntrico Paseo da Corredoira. Esta actividade forma parte da programación do “Setembro xudeu en Tui”.

Presentación do libro “Una judía en el Camino de Compostela” e da exposición “Luces de esperanza dende os sambenitos de Tui” de Vilma Faingezicht

Undefined

O próximo luns, 2 de setembro, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións, do Concello de Tui terán lugar tres actividades dentro do  programa “Setembro xudeu en Tui”.

A visita temática sobre “As familias xudías de Tui” abre o Setembro Xudeu en Tui

Undefined

O amplo programa de actividades que organiza o Concello de Tui para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía baixo o nome de “Setembro xudeu en Tui” comezarán este domingo, 1 de setembro, cunha visita guiada sobre “As familias xudías de Tui” que correrá a cargo do historiador tudense Suso Vila.

Unha ducia de actividades enchen o “Setembro Xudeu” en Tui con visitas guiadas, conferencias, exposicións, música e ruta de tapas

Undefined

O mes de setembro en Tui estará centrado nas actividades programadas para a posta en valor do patrimonio que atesoura esta localidade en relación coa presenza de comunidades xudías e criptoxudías ao longo dos séculos nesta histórica cidade.

A celebración, en 35 países de toda Europa, na primeira fin de semana de setembro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía - que Tui celebra dende o ano 2006 - é a oportunidade para un amplo programa de actividades que percorren todo o mes.

Convocadas as axudas para a rehabilitación, conservación e mantemento de inmobles na ARI de Tui

Undefined

Mañá abre o prazo de presentación de solicitudes das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui correspondentes á Fase 15ª.  As bases poden consultarse dende hoxe en tui.gal, na sede electrónica do Concello de Tui e no BOPPO.

Unha árbore simbolizará á familia da Red de Juderías na Xornada Europea da Cultura Xudía 2024

Undefined

Un ano máis, e como cada mes de setembro, o novo curso arrincará nas cidades da Red de Juderías coa celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, un ciclo de eventos no que participan 37 países europeos para poñer en valor a importancia da herdanza da cultura xudía e o seu patrimonio. Cada ano, os organizadores das xornadas seleccionan unha temática central que serve como punto focal para debates, actuacións e diversas actividades culturais.

A visita “Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II” pecha o ciclo “Coñece o noso patrimonio

Undefined

"Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II" é o título da visita a cargo de Suso Vila, doutor en Historia da Arte pola USC, que pechará o próximo martes, 20 de agosto o ciclo “Coñece o noso patrimonio” que este verán permitiu o achegamento ao patrimonio tudense.

A historiadora Carmen Manso guiará o vindeiro martes 13 unha visita á igrexa de San Domingos de Tui

Undefined

O próximo martes, 13 de agosto, a prestixiosa historiadora da arte Carmen Manso Porto realizará unha visita guiada á igrexa tudense de San Domingos. Forma parte  do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que con gran éxito de público está realizando neste verán o Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Esta visita comezará ás 20.00 horas na propia igrexa dominica.

As murallas e as transformacións que provocaron na cidade tema da nova visita guiada do Instituto de Estudios Tudenses

Undefined

Mañá  xoves, 8 de agosto, terá lugar a cuarta visita do ciclo de visitas guiadas que organiza o Instituto de Estudios Tudenses, nesta ocasión centrada na “Transformacións da cidade de Tui a través dos seus recintos amurallados” e que estará a cargo de Juan José Perles Fontao, arqueólogo. A visita dará comezo ás 20.30 horas na Praza do Concello.

Pages

Subscribe to RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico