Carmen Manso ofrece o próximo martes unha conferencia sobre a Catedral Medieval de Santa María de Tui
O próximo martes, 18 de agosto, ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela terá lugar a conferencia “La catedral medieval de Santa María de Tui” a cargo da investigadora Carmen Manso Porto. Esta actividade forma parte do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que promove o Instituto de Estudios Tudenses este verán.




