Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Emisión en directo Foro do Camiño

Undefined

Hoxe martes, 25 de maio, ás 19 hterá lugar a segunda conferencia do Foro do Camiño Portugués organizado polo Concello de Tui. 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofrecerá a conferencia “O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador”. Será presentada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. 

No seguinte enlace poderase seguir en directo a conferencia. 

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, será a segunda conferenciante no Foro do Camiño Portugués, será a segunda conferenciante no Foro do Camiño Portugués

Undefined

“O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador” é o título da conferencia que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofrecerá o próximo martes, 25 de maio, ás  19 h no “Foro do Camiño Portugués”.  Este é o segundo relatorio deste foro creado polo Concello de Tui, que comezou a súa actividade o pasado mes de abril con Juan Manuel López-Chaves.

Tui acolle a quinta parada do Museo en Camiño para difundir o “Espírito Xacobeo” no Camiño Portugués

Undefined

O próximo xoves, 13 de maio, chega a Tui o quinto taller do Museo en Camiño, unha iniciativa que se está a desenvolver no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta, e que conta cunha achega de 11.500 euros da administración autonómica.

Esta actividade desenvolverase no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) de 17 a 18:30h e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan os valores da ruta xacobea así como o patrimonio atesourado no Museo Provincial de Pontevedra.

Os propietarios de inmobles no conxunto histórico interesados no programa Rexurbe convocados a unha reunión informativa

Undefined

O conxunto histórico de Tui é un dos tres beneficiarios, xunto aos da Coruña e Ribadavia, do Programa Rexurbe do IGVS da Xunta de Galicia. O programa consiste na compra por parte do IGVS de solares, vivendas, edificios ou ruínas ubicadas no ámbito do Conxunto Histórico de Tui para proceder á súa rehabilitación co obxecto de destinalos a vivenda social en venda ou aluguer.

Os propietarios interesados poden presentar até o 9 de xullo a documentación coa súa oferta de solar ou inmoble para ser adquirido polo IGVS.

A Red de Juderías promove o programa educativo “Benjamín de Sefarad” para o alumnado de 6º de Primaria e 1º da ESO

Undefined

A Rede de Juderías promove, un ano máis, o Programa Educativo “Benjamín de Sefarad” para dar a coñecer entre os e as estudantes o legado xudeu das cidades que forman parte da Rede de Juderías de España. Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e de 1º da ESO de toda España convite de converterse en “Descubridores de Sefarad” dun modo ameno e moi divertido. Tamén se lles convida a participar na terceira edición do Concurso de Micro-relatos da Red.

O Concello de Tui crea o Foro do Camiño Portugués

Undefined

O Concello de Tui continua avanzando no impulso de iniciativas a prol do Camiño Portugués ao entender que esta ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do concello. Neste senso pon en marcha unha iniciativa denominada “Foro do Camiño Portugués” co obxectivo de realizar cada mes unha charla sobre temáticas xacobeas relacionados coa peregrinación polo Camiño Portugués. Trátase dunha sesión presencial pero retransmitida en liña, en tui.gal,  para favorecer o acceso de todos os interesados.

Un programa monográfico resolverá as dúbidas da cidadanía sobre as axudas para vivenda convocadas nestes momentos

Undefined

A Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui  informa e asesora na solicitude de axudas relacionadas coa vivenda que se convocan ao longo do ano. Nestes momentos son varias as convocatorias abertas e a demanda de información está a ser moi alta. Nestes momentos debido as restricións derivadas da actual situación de pandemia non é posible atender presencialmente a toda a cidadanía interesada nestas axudas.

Pages

Subscribe to RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico