Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Publicada a listaxe de persoas admitidas, reserva e excluídas no Campamento de Verán Igual É + 2024

28/05/2024

Vense de publicar a listaxe de persoas admitidas, reservas e excluídas por quendas para o Campamento de Verán Igual É + 2024. 

Cada participante deberá solicitar (ata as 14.00 horas do día 12/06/2024) a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas:

  • Presencialmente no departamento de Tesourería do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do/a participante e as quendas ás que este inscrito/a
  • Por enderezo electrónico cobros@tui.gal , indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa, ademais do nome do/a participante e as quendas ás que este inscrito/a.

Para o pagamento da taxa, cada participante terá ata o día 12 de xuño:

  • Telemáticamente: https://tui.ovt.gal/ (escoller a opción Servicios disponibles Sin Certificado Digital / PAGO DE RECIBOS (PASARELA DE PAGOS) / AUTOLIQUIDACIÓN, ata o día 12/06/2024.
  • Nas entidades ABANCA e BANCO SANTANDER, ata o día 12/06/2024.
  • En efectivo, na Caixa do Concello de Tui sita nas dependencias do departamento de Tesourería, ata as 14.00 horas do día 12/06/2024.

Calquera dúbida co pagamento, poden contactar ao departamento de Tesourería no enderezo electrónico cobros@tui.gal , ou chamando ao 986603625 [Extensión 3].

O importe por participante e quenda é de 30,56€.

A persoa admitida que o día 12 de xuño non fixera o ingreso da cada quenda, será dado de baixa e a súa praza pasará ao seguinte da lista de reservas.

No caso de renuncia á algunha quenda, deberán presentala de xeito expreso:

  •  Presencialmente no Rexistro do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do/a participante e as quendas ás que renuncia.
  • Por sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/info.0 mediante unha instancia xeral

Listaxe persoas admitidas, reservas e excluídas Campamento de Verán 2024