O martes inaugúrase a exposición “Lebres coma gacelas” que mestura palabras e imaxe, poesía e fotografía
O próximo martes, 3 de maio, ás 20 h, na zona anexa da Sala Municipal de Exposicións inaugurarase a exposición “Lebres coma gacelas” promovida pola Deputación de Pontevedra. No acto inaugural haberá un recital poético a cargo de dúas voces da poética feminina de Galicia, Lorenza Conde e Miriam Ferradás, xunto a interpretación de varias pezas musicais a cargo de instrumentistas do Conservatorio Profesional de Música de Tui.