Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Centro Dramático Galego volve a Tui con “Terceiro acto”

28/10/2024

O Teatro Municipal de Tui acollerá este xoves, 31 de outubro, ás 21 h a representación da última montaxe do CDG

O Centro Dramático Galego, CDG, volve este xoves, 31 de outubro, ás 21 h ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena a súa última montaxe “Terceiro acto”.

Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez son as encargadas da dramaturxia e da dirección desta peza teatral que combina humor, melancolía e beleza.  En escena estarán Belén Constenla, César Goldi, Fernando Morán, María Costas e César Cambeiro. A escenografía foi deseñada por Marta Pazos, o vestiario por Yaiza Pinillos, a coreografía é de Amaya Galeote e a iluminación de Miguel Ruz.

A obra reflexiona sobre o terceiro acto da vida onde o presente e o futuro se entrelazan, e aborda temas coma a vellez, a morte, os desexos desta etapa vital… “Terceiro acto” reivindica o papel que as persoas maiores xogan na sociedade. O espectáculo é un lugar de encontro que ten a conversa entre os actores e actrices coma base.

A compañía pública de Galicia celebra con esta obra o seu 40 aniversario.

As entradas están á venda até xoves ás 20 h en tui.gal aos prezos de 10€ e 7.5€.  

Entradas