Do 20 ao 29 de febreiro poderán presentarse as solicitudes para as atraccións e postos nas festas de San Telmo
Do martes 20 ao xoves 29 de febreiro será o prazo para que as persoas interesadas presenten a solicitude para a montaxe de postos ou atraccións nas festas de San Telmo. O modelo de solicitude xunto á documentación requirida debe presentarse por sede electrónica no Concello de Tui ou no rexistro xeral na casa do concello.
A montaxe das atraccións realizarase o 19 e 20 de marzo, e a revisión técnica terá lugar o 21 de marzo. As atraccións e postos deberán estar coma mínimo montados entre o 30 de marzo e o 8 de abril.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.