Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle mañá a presentación da adaptación á literatura accesible de “A familia das curandeiras”

21/01/2026

A autora Marisa Castro conversará coas adaptadoras do Laboratorio de Linguaxe Accesible e co tradutor do libro ao galego

Mañá xoves ás 18.30 h preséntase na Sala Félix Rodríguez “La familia de las curanderas”, de Marisa Castro, novo título da colección de Literatura Accesible de Hércules.

O acto contará coa participación de Marisa Castro, autora; Cristina Sola e Ana Belén Luis, adaptadoras do Laboratorio de Linguaxe Accesible; e Jesús Meiriño, tradutor da obra ao galego, da Universidade de Vigo

Esta adaptación da novela de Marisa Castro é o segundo título da colección de “Literatura accesible” de Hércules Ediciones, tras a publicación de Palabras de pedra en 2024.

“A familia das curandeiras” narra a vida dunha curandeira que nace en 1911 e a través dela vaise descubrindo a historia da España do século XX. Un país no que, segundo a autora, existían mulleres e homes desprezados pola medicina e polo Estado.

A obra foi adaptada na súa edición en castelán polo “Laboratorio del lenguaje accesible” (LLAC), integrado pola experta Cristina Sola e Ana Belén Luis, e polos lectores que validan o traballo realizan, de maneira que o resultado sexa unha adaptación colaborativa. A tradución ao galego foi realizada por Jesús Meiriño, da Universidade de Vigo, que conta cun departamento especializado en obras de lectura fácil.