Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

E.g., 26/04/2024
E.g., 26/04/2024

Oferta de emprego ordinaria ano 2022

20/12/2022

Oferta de emprego ordinaria para o Concello de Tui ano 2022.

Segunda ampliación lista de reserva para contratacións temporais profesores de piano

27/10/2022

Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para aceptar ou renunciar o ofrecemento do contrato de substitución coma profesor de piano 30 horas semanais e ata a cobertura da praza por persoal laboral fixo (praza incluída na oferta de estabilización e actualmente convocada).

O prazo remata o venres día 06/10/2023.

Proceso selección para formación lista de reserva auxiliares administrativos

17/10/2022

17/08/2023  Resolución proposta de nomeamento e requirimento documentación para nomeamentos auxiliar administrativo utilizando lista reserva. 

-  Requírese a documentación ás dúas persoas candidatas propostas  para que presenten a documentación indicada na resolución por rexistro no prazo máximo de 24 horas hábiles dende a publicación desta proposta no taboleiro de anuncios da sede electrónica (http://concellotui.sedelectronica.gal) do Concello de Tui e, de forma complementaria, na súa páxina web, www.tui.gal; perdendo o seu dereito a ser nomeadas de non facelo.

PROCESO SELECTIVO AMPLIACIÓN E UNIFICACIÓN LISTA RESERVA OBOE

11/10/2022

Hoxe reuniuse o tribunal de selección do proceso para ampliación de lista de reserva para contratacións temporais de profesores de óboe, polo que se publican as puntuacións provisionais. A aspirante dispón de 3 días hábiles para a presentación de alegacións. Se non se presentasen alegacións as puntuacións provisionais serán definitivas.

Proceso selectivo lista de reserva profesor escola-conservatorio especialidade clarinete

12/09/2022

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 12/09/2022 se iniciou o chamamento para a contratación laboral temporal  en interinidade a tempo parcial (11 horas) ata a cobertura da praza por persoal laboral fixo ( a mesma atopase dentro da oferta de estabilización do emprego temporal).

A aspirante requirida dispon do prazo de dous días hábiles para presentar a aceptación da contratación

Proceso de selección persoal director-titor-docente e auxiliar administrativo para o Obradoiro de Emprego Senda peonil río Furnia

6/09/2022

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal se aceptou a proposta do tribunal e se require os candidatos a documentación necesaria para a súa contratación. Os aspirantes dispoñen de dous días hábiles para presentar a mesma.

 

PROCESO SELECCIÓN 10 OPERARIOS DE OBRAS "PLAN PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS"

17/06/2022

Hoxe celebraronse as probas selectivas para a contratación do fomento do emprego de 10 operarios de obras vinculados o Plan de prestación de servizos municipais. As puntuacións son as do arquivo  puntuacións provisionais.

Proceso de selección contratación formativa " A túa primeira experiencia profesional" 2022

14/06/2022

Mediante Resolución da Concellería de persoal de data 28/06/2022 se requiriu o aspirante Don Lucas Méndez Veiga a documentación necesaria para a formalización do contrato formativo vinculado o programa "primeira experiencia profesional nos concellos", o prazo para a presentación da documentación é de tres días hábiles.

PROCESO SELECTIVO PEÓN FORESTAL APROL RURAL 2022

10/06/2022

No día de hoxe celebrarónse as probas selectivas do proceso para a contratación dun peón forestal (APROL RURAL), os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións as puntuacións provisionais o prazo remata o vindeiro venres día 17/06/2022

Proceso selectivo para nomeamento interino operario mantemento a tempo completo para as piscinas tempada 2022 e formación lista de reserva

6/06/2022

Puntuacións provisionais proceso selectivo operario piscinas tempo completo, os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para presentar alegacions as puntuacións provisionais.

 

Proceso selectivo funcionario interino 2 operarios servizos e mantemento tempo parcial para as piscinas municipais tempada 2022 e formación lista de reserva

6/06/2022

Puntuacións provisionais proceso selectivo operarios servizos diversos piscinas tempo parcial, os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para presentar alegacions as puntuacións provisionais.

Páxinas