Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bolsas de traballo e Listaxes de reserva

E.g., 24/06/2025
E.g., 24/06/2025

LISTA DE RESERVA PARA NOMEAMENTOS INTERINOS DE PRAZAS DE ADMINISTRATIVO (C1)

12/06/2025

Finalizado o prazo de alegacións a primeira proba do proceso de selección, reuniuse o tribunal en data 20/06/2025, elevando a definitivas as puntuacións provisionais por inexistencia de alegacións as puntuacións  provisionais, asemade o tribunal indica que a realización do segundo exercicio  levarase a cabo no Edificio Francisco Sánchez , realizandose o chamamento na porta 6 e que será o vindeiro martes día 24/06/2025, as 08:00 horas. Os aspirantes teñen que vir provistos de DNI ou documento  fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e, ademais, virán provistos de bolígrafo de cor azul e calculadora. Durante o desenvolvemento desta proba as persoas aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos, non permitíndose o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
 Asemade o tribunal indica que a lectura dos exercicios comezará ás 11:00 horas do mesmo día na Sala de Concelleiros (1º andar) do Concello de Tui, sito en Praza do Concello, 1, 36700 Tui, Pontevedra. Seguirase orde alfabética dos apelidos.

LISTA DE RESERVA NOMEAMENTOS INTERINOS PRAZAS MESTRE COMPOSTEIRO

29/05/2025

Mediante resolución da Alcaldía de data 29/05/2025 aprobouse a lista provisional de admitidos e excluídos, composición do tribunal, prazo de alegacións e requirimento de documentación a un aspirante; do proceso de selección para a formación de lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de mestre composteiro.

O prazo de alegacións é de 3 días hábiles, prazo que remata o día 03/06/2025.

LISTA DE RESERVA NOMEAMENTOS INTERINOS PRAZAS FUNCIONARIO AUXILIAR ADMINISTRATIVO

9/04/2025

Mediante resolución alcaldía de data 09/04/2025 aprobouse o nomeamento interino como auxiliar administrativa de Dona Sonia González Ferrero vinculado á baixa de IT de Dona Patricia Gradín Fernández.

 

 

LISTA DE RESERVA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS PROFESOR PIANO-COMPOSICIÓN 2025

13/03/2025

Tras a resolución de aprobación da LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DE PIANO-COMPOSICIÓN con data 12/03/2025, publícase o anuncio de inicio de chamamento á única a aspirante da lista, ofrecendo a contratación interina ata cobertura definitiva por persoal laboral fixo, a candidata dispón de 2 días hábiles para presentar aceptar ou rexeitar o ofrecemento.. Prazo que remata o vindeiro luns día 17/03/2025.

LISTA DE RESERVA CONTRATACIONS TEMPORAIS PROFESOR VIOLÍN 2025

13/03/2025

Tras a resolución de aprobación da LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DE VIOLÍN con data 12/03/2025, publícase o anuncio de inicio de chamamento a todos os aspirantes da lista, ofrecendo a contratación interina ata cobertura definitiva por persoal laboral fixo, os candidatos dispoñen de 2 días hábiles para aceptar ou rexeitar o ofrecemento.. Prazo que remata o vindeiro luns día 17/03/2025.

Lista de reserva para contratacións temporais profesores PIANO-COMPOSICIÓN ESTABILIZACIÓN

17/02/2025

Mediante resolución da Alcaldía de data 17/02/2025, aceptáronse as renuncias dos aspirantes da lista de reserva para unha contratación laboral temporal de substitución ata a cobertura por persoal laboral fixo, dunha praza de profesor de piano-composición e se iniciaron os trámites necesarios para a formación dunha nova lista de reserva que deixe esta inutilizada

LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DE VIOLÍN ESTABILIZACIÓN

17/02/2025

Iniciado o ofrecemento de contratación temporal dun profesor de violín 30 horas a semana, e ante a renuncia dos mesmos o ofrecemento, mediante Resolución da Alcaldía de data 17/02/2025, aceptouse a renuncia dos aspirantes para a contratación laboral temporal de substitución ata a cobertura por persoal laboral fixo dun profesor de violín 30 h e se iniciaron os trámites para a formación dunha nova lista de reserva que deixase inutilizada esta.

Proceso selectivo formación lista Técnico de Administración Xeral

19/04/2024

Mediante Resolución da Alcaldía de data 289/08/2024, se aprobou a lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de Técnico de Administración Xeral., a mesma estará vixente polo prazo de 3 anos ou de menos no suposto de convocatoria dun novo proceso selectivo,

Proceso selectivo formación lista de reserva contratacións temporais parazas profesor guitarra clásica

2/10/2023

Mediante Resolución da Alcaldía de data 19/10/2023, se iniciou o chamamento para a contratación laboral temporal dun profesor de guitarra ata a cobertura por persoal laboral fixo (oferta estabilización). O aspirante dispón do prazo de dous días para aceptar ou renunciar o chamamento.

Proceso selectivo formación lista de reserva condutores/as

2/10/2023

Mediante Resolución da Alcaldía de data 27/05/2024 se iniciou o chamamento o primeiro aspirante da lista de reserva de condutores, ofrecendo unha contrataciónata a cobertura por persoal laboral fixo (praza dentro do proceso de estabilización). O aspirante dispón de 2 días hábiles para poder aceptar ou renunciar o chamamento. (prazo que remata o mércores 29/05/2024)

Páxinas