Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença

Data: 
3/01/2019
Lugar: 
Eurocidade

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren, o sábado 5 de xaneiro, á estación de ferrocarril de Valença, onde serán recibidos polas autoridades municipais, e a continuación haberá unha pequena escenificación.

A comitiva real, formada por 150 persoas, iniciará ás 17h o seu percorrido polas avenidas do Colexio Portugués, avenida de Miguel Dantas, rotonda da Trapicheira, avenida de Espanha e antiga ponte internacional – onde está previsto que cheguen ás 18h - , para continuar xa en Tui pola avenida de Portugal, Martínez Padín e a rúa Augusto González Besada ata chegar ao paseo da Corredoira sobre ás 19h.

A rondalla “O Mosteiro de Pexegueiro”  e o grupo de cantos de reis tradicionais da Asociación “Santa Columba de Ribadelouro” porán á nota musical á Cabalgata. Acompañarán tamén as súas maxestades de Oriente as carrozas de Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Xuntanza de Randufe e Valença. Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar irán en tres maxestuosas carrozas acompañados polo seus paxes.  Participan tamén no desfile o tren turístico, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, a GNR, o grupo Scouts Alhoia, Protección Civil de Tui e a Policía Local de Tui.

No Belén vivinte, no Paseo da Corredoira diante do Palco da Música, farase a ofrenda ao neno Xesús e se dará lectura á mensaxe real. Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán aos nenos e nenas con caramelos, sen glute e sen alérxenos, recibirán aos pequenos e pequenas que desexen saudalos.

Ao longo dos 3,5 quilómetros de percorrido da cabalgata repartiranse 1.500 quilos de caramelos.