Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A II Carreira Internacional de Orientación Eurocidade celebrarase o domingo 13 de outubro

30/09/2019

Ao igual que na primeira edición, o evento contará con dúas probas, en Valença en horario de mañá e en Tui pola tarde

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VIII Liga Aromon Chema Sport, organizará a II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade. Celebrarase o domingo 13 de outubro.

Esta evento contará con dúas probas:  unha de mañá en Valença, con inicio ás 10.30 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, ás 16.30 horas, polo conxunto histórico de Tui, tendo os interesados a posibilidade de participar nas dúas probas.

As inscricións están xa abertas ata o xoves, 10 de outubro, ás 22.00 horas españolas, a través da web www.aromon.es/inscripciones/eurocidade2019, nas categorías iniciación nenos/as, iniciación adultos e avanzado.