Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Río Miño: un destino navegable

O proxecto “Río Miño: un destino navegable” ten como obxectivo mellorar a navegabilidade do río Miño Internacional, pór en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natura 2000 do Baixo Miño/Rio Minho e aproveitar a existencia de patrimonio cultural e natural de alto interese turístico no val do Miño Internacional, asociado á especificidade da fronteira, convertendo ese potencial turístico nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.

Este proxecto resulta dun traballo de proximidade e de cooperación transfronteirizo entre as institucións locais e rexionais con competencias en materia de desenvolvemento local, de promoción do turismo e de conservación da natureza,

As actividades a realizar son:

  1. Mellora da navegabilidade do Río Miño   
  2. Valorización do corredor medio ambiental do Río Miño Internacional    
  3. Consolidación da Marca Visit Rio Miño   
  4. Creación da ruta fluvial do Río Miño   
  5. Xestión e Coordinación   
  6. Comunicación 

Como resultado deste proxecto as actuacións previstas permitirán situar o río Miño transfronteirizo, como un destino turístico de referencia, único e diferenciador, resultado da xestión sustentable e integrada do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do val do Miño. As actuacións van direccionadas á poboación transfronteiriza, ao incrementar a diversificación da económica local e ao mellorar a calidade ambiental da súa contorna.

O proxecto permitirá tamén aumentar a conexión entre a poboación e as zonas ribeiregas e os ecosistemas asociados e concienciar á poboación local para a necesidade da súa conservación e valorización.

Datos técnicos:

  • Proxecto aprobado: 0686_MINO_DESTINO_NAVEGABLE_1_E
  • Proxecto aprobado coa asistencia financeira do FEDER e do POCTEP
  • Acrónimo: MINO_DESTINO_NAVEGABLE
  • Título: RIO MIÑO: UN DESTINO NAVEGABLE
  • Área de cooperación: 1-Galicia-Norte de Portugal
  • Eixo: 3- Crecimiento sostenible a través de una cooperación transfronteriza por la prevención de riesgos y la mejora de la gestión de los recursos naturales
  • Beneficiarios: Concello de Salvaterra de Miño – Cámara Municipal de Monçao – Concello de Tui – Cámara Municipal de Valença – Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia. Xunta de Galicia – Turismo do Porto e Norte de Portugal, E.R.
  • Data de inicio: 01/01/2018
  • Data de fin: 31/12/2021
Beneficiario Custo Total Feder Aprobado % Cofinanciamento
Concello de Salvaterra de Miño 247.500,00€ 185.625,00€ 75
Cámara Municipal de Monçao 152.638,75€ 114.479,06€ 75
Concello de Tui 210.000,00€ 157.500,00€ 75
Cámara Municipal de Valença 152.638,75€ 114.479,06€ 75

Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia

250.000,00€ 187.500.00€ 75
Axencia de Turismo de Galicia. Xunta de Galicia 60.000,00€ 45.000,00€ 75
Turismo do Porte e Norte de Portugal E.R. 78.578,19€ 58.933,64€ 75
Total  1.151.355,69€ 863.516,76€ 75
  • Total do proxecto: 1.151.355,69€
  • Financiamento do FEDER: 863.516,76€
Áreas: 
Eurocidade