Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá venres preséntase o Calendario Deportivo da Eurocidade 2019

31/01/2019

Contará con máis de trinta eventos deportivos, de dezasete modalidades deportivas diferentes

Mañá venres, 1 de febreiro, ás 11.00 horas españolas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade, que neste ano 2019, albergará máis de trinta eventos deportivos, de ata dezasete modalidades deportivas.

Nesta rolda de prensa estarán presentes o alcalde do Concello de Tui, Carlos Vázquez, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro, o concelleiro da Eurocidade, Andrés Urseira e os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Eduardo Freiría e José Monte.