Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

As obras participantes e gañadoras no VI concurso de pintura rápida Pinta Tui poden visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións

Undefined

Até o 29 deste mes de novembro pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición dos traballos gañadores e participantes no sexto concurso de pintura rápida Pinta Tui.

O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.

Exposición “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”

Até o 8 de xaneiro de 2022 ampliouse na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui. 

Recolle 76 fotografías, tomadas entre 1886 e 1935, procedentes do arquivo do Balneario de Caldelas

Preto de 300 persoas participaron nas actividades sobre a Batalla de Lepanto en Tui

Undefined

Preto de 300 persoas teñen participado nas últimas semanas nas actividades organizadas polo Concello de Tui con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

O pasado 7 de outubro, coincidindo co 450 aniversario da batalla de Lepanto (entre as tropas da Liga Santa e do Imperio otomán), o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentaba o programa de actividades que o Concello tudense ía desenvolver para conmemorar esta efeméride e a súa representación o retablo de Nosa Señora do Rosario na Igrexa tudense de San Domingos.

Traspediante presenta este venres no Teatro Municipal de Tui “Nina Ninette”

Undefined

Nina Ninette” é o título do espectáculo da danza dirixido a público familiar que chega este venres, 12 de novembro, ás 19.30 h ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación de Outono. Será da man da compañía Traspediante e coas bailarinas Marta Alonso Tejada e Paula Quintas e a actriz Carlota Mosquera.

Ciclo de conferencias conmemorativo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto

O  martes, 9 de novembro, ás 19.30 h,  remata o ciclo de conferencias conmemorativo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Será da man do historiador tudense Suso Vila que pronunciará a conferencia titulada “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu eco remoto no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui”. Na mesma analizará a influencia que estas incursións tiveron na historia do sur de Galicia e o papel que a Igrexa e as devocións populares xogaron nestes momentos de perigo e incerteza. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos. 

O historiador tudense Suso Vila pecha o ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

Undefined

O próximo martes, 9 de novembro,  ás 19.30 h a igrexa de San Domingos acollerá a derradeira conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto” pola representación deste episodio bélico que posúe, no 450 aniversario daquela afamada batalla que tivo lugar o 7 de outubro de 1571.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura