Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Ciclo de conferencias conmemorativo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto

O  martes, 9 de novembro, ás 19.30 h,  remata o ciclo de conferencias conmemorativo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Será da man do historiador tudense Suso Vila que pronunciará a conferencia titulada “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu eco remoto no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui”. Na mesma analizará a influencia que estas incursións tiveron na historia do sur de Galicia e o papel que a Igrexa e as devocións populares xogaron nestes momentos de perigo e incerteza. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos. 

O historiador tudense Suso Vila pecha o ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

Undefined

O próximo martes, 9 de novembro,  ás 19.30 h a igrexa de San Domingos acollerá a derradeira conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto” pola representación deste episodio bélico que posúe, no 450 aniversario daquela afamada batalla que tivo lugar o 7 de outubro de 1571.

Presentación do inicio da xira en Tui de “O Charco de Ulises” do CDG

Undefined

Mañá mércores, 3 de novembro, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación de “O Charco de Ulises” do Centro Dramático Galego, CDG, que este venres, 5 de novembro, inicia no Teatro Municipal de Tui a súa xira.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e do director do CDG, Fran Núñez.

Javier Gómez Darriba intervén este mércores no ciclo sobre a batalla de Lepanto

Undefined

“Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” é o tema da conferencia que este mércores, 2 de novembro, ás 19.30 horas na igrexa tudense de San Domingos ofrecerá Javier Gómez Darriba. Na súa intervención analizará a iconografía e outros aspectos deste singular retablo.

Amancio Prada percorre a súa discografía galega o próximo martes no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Un percorrido pola súa discografía galega será o que ofreza o cantautor Amancio Prada o próximo martes, 2 de novembro, no Teatro Municipal de Tui.  O concerto comezará ás 20.30 h. As entradas, aos prezos de 8€ e 6€, pódense mercar en www.tui.gal até 10 minutos antes do inicio do espectáculo.

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana a I Feira da Cabaza

Undefined

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana, sábado e domingo, I Feira da Cabaza. O evento previsto inicialmente no Paseo da Corredoira trasladouse de emprazamento debido ás adversas previsións meteorolóxicas. 

Amais de exposición e venda de cabazas haberá un amplo programa de actividades con demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina e a caverna do terror.   

Novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos este domingo e luns ás 18 h

Undefined

Esta fin de semana terán lugar novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos dentro do programa  conmemorativo do 450 aniversario desta batalla naval.  O obxectivo desta actividade é poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal a exposición “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”

Undefined

Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui. 

O festival Vértixe Sonora ofrece este xoves en Tui o concerto “Oficio de armas” sumándose as conmemoracións do 450 aniversario da Batalla de Lepanto

Undefined

A igrexa de San Domingos acollerá este xoves, 28 de outubro, ás 20 h o concerto “Oficio de Armas” da man do festival Vértixe Sonora 2021.  Este evento musical forma parte das actividades conmemorativas do 450 aniversario da batalla de Lepanto organizadas polo Concello de Tui. Trátase dun xeito inmellorable de dar a coñecer e proxectar de cara ás vindeiras xeracións o fermoso retablo de A Nosa Señora do Rosario, magnífica táboa que acolle a igrexa monacal conventual de San Domingos de Tui.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura