Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O profesor Hortensio Sobrado abre o ciclo de conferencias sobre a Batalla de Lepanto

Undefined

Este mércores, 13 de outubro, comeza o ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui, coa colaboración da Asociación Amigos da Catedral, para conmemorar o 450 aniversario da Batalla de Lepanto. 

O profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Hortensio Sobrado Correa, disertará sobre “A batalla de Lepanto, contexto histórico”. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos. 

Carmen Domech presenta este mércores “Contacontos de libros contentos”

Undefined

“Contacontos de libros contentos” é o título do contacontos que Carmen Domech achega este mércores, 13 de outubro, ás 18 h á Biblioteca Pública Municipal de Tui. Esta actividade forma parte do programa do Mes da Biblioteca que comezou o pasado 22 de setembro e continuará até  o 25 deste mes.
O contacontos destes mércores vai dirixido especialmente a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Nesta sesión Carmen Domech exporá as cousas fantásticas que contan os libros, sucesos incribles de libros tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos…

Visitas Guiadas e conferencias conmemorativas do 450 aniversario da Batalla de Lepanto

Do 7 de outubro ao 3 de novembro o concello de Tui organiza un programa de actividades conmemorativas do 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Trátase dun ciclo de conferencias e unha serie de visitas guiadas ao retablo de Nosa Señora do Rosario ou da batalla de Lepanto, e a igrexa de San Domingos onde está ubicado, para poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

O Concello de Tui organiza un ciclo conferencias sobre o retablo da Batalla de Lepanto da igrexa de San Domingo

Undefined

Hoxe, 7 de outubro, conmemórase o 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Aproveitando esta efeméride o Concello de Tui organiza un ciclo de conferencias e unha serie de visitas guiadas ao retablo de Nosa Señora do Rosario ou da batalla de Lepanto, e a igrexa de San Domingos onde está ubicado, para poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

A Compañía Eléctrica presenta “Aibō” este venres ás 19.30 h no Teatro Municipal de Tui

Undefined

A Compañía Eléctrica presenta este venres, ás 19.30  h, no Teatro Municipal de Tui a súa ópera prima “Aibō”. É unha peza teatral recomendada para público infantil de 3 a 6 anos. Trátase dunha visión diferente do conto popular da Carapuchiña Vermella aportando unha ollada positiva da nosa relación coa natureza, e sobre o trato  que temos con outros seres diferentes a nós.  Sobre o escenario estarán Iria Piñeiro e Areta Bolado con música de Paulo Pascual. Aibō significa compañeira en xaponés, sendo esta a palabra que mellor se axusta para definir esta fábula.

Anxo Moure presenta o contacontos “Pes de Lobo. Un lobo na biblioteca” este mércores en Tui

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo a súa programación de actividades do “Mes da biblioteca” cunha nova sesión de contos para os usuarios máis cativos deste centro bibliotecario. Así este mércores, 6 de outubro, ás 18 h presenta o espectáculo “Pes de lobo. Un lobo na biblioteca” a cargo do narrador oral Anxo Moure. Esta actividade está dirixida especialmente aos nenos e nenas con idades entre 4 e 11 anos de idade.

Tui celebra a I Feira da Cabaza nas distintas parroquias ao longo do mes de outubro

Undefined

Esta fin de semana comeza a I Feira da Cabaza que ao longo de todo o mes de outubro se vai celebrar no municipio tudense.

A Oficina de Turismo acolleu esta mañá a presentación a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, as concelleiras de Comercio, Ana Mª Núñez, e de Cultura, Sonsoles Vicente, Carlos Picho, Juan Carlos Boo e Telmo Alfaya, membros da organización e José Martínez Tato, presidente do club AndaTui.

Marta Alonso abre a programación de outono no Teatro Municipal de Tui con “Bailar Agora”

Undefined

O espectáculo de danza contemporánea “Bailar agora” de Marta Alonso abre mañá a programación do outono no Teatro Municipal de Tui.   A función comezará ás 21.30 h tendo lugar a apertura de portas ás 21 h. As entradas pódense mercar en www.tui.gal até mañá venres ás 20.30 h. Teñen un prezo de 8€, e 6€ para público infantil e as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos.

Mañá xoves preséntase a Feira da Cabaza que no mes de outubro se vai celebrar en Tui

Undefined

Mañá xoves, 30 de setembro, ás 12.15 h na Oficina de Turismo, na praza de San Fernando, terá lugar a presentación da Feira da Cabaza que se vai celebrar no mes de outubro en Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, das concelleiras de Comercio, Ana Mª Núñez, e de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Juan Carlos Boo e Telmo Alfaya membros da organización.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura