Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A profesora Dolores Balseiro ofrecerá hoxe a conferencia “A Batalla de Lepanto na literatura española: poetas”

Undefined

Hoxe martes, 26 de outubro, ás 19.30 h terá lugar na igrexa de San Domingos unha nova conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui co gallo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto. 

A conferencia desta tarde correrá a cargo da profesora Dolores Balseiro Pose co título “A Batalla de Lepanto na literatura española: poetas”. Na mesma realizará un amplo percorrido pola pegada daquela batalla naval de Lepanto na literatura española, especialmente no ámbito da poesía e cunha referencia a Miguel de Cervantes, que participou naquel episodio bélico.

A Biblioteca Municipal celebra o Día da Biblioteca coa renovación da súa web, club de lecturas e unha exposición de fotografías antigas

Undefined

“Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” é o lema co que este ano se celebra do “Día da Biblioteca” que tivo lugar onte 24 de outubro. Céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.

Encontro coas escritoras da Eurocidade

A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o xoves, 18 de novembro,ás 19.30 h o “Día das escritoras” coa celebración dun encontro de dúas escritoras Conchi Regueiro e María José Areal no que nos ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense.

I Feira da Cabaza

Debido á previsión de choiva a trasládase ao pavillón do IES San Paio a I Feira da Cabaza que esta fin de semana, sábado 30 e domingo 31 de outubro, terá lugar no centro urbano. A I Feira da Cabaza desenvolveuse dende comezos deste mes de outubro nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns.

Presentación do Club de Lectura da Biblioteca e Inauguración da “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”

Undefined

O próximo luns, 25 de outubro, ás 11 h na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, terá lugar a presentación do Club de Lectura da Biblioteca Municipal, dentro da programación do Mes da Biblioteca.

Amais terá lugar a inauguración da exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.

A música de Golfiños encherá este venres o Teatro Municipal

Undefined

A música encherá este venres o Teatro Municipal de Tui co concerto “O soño dos golfiños” da man de Golfiños. O grupo está formado por Elena Paz Alonso, voz; Jesús Moares Lameiro, teclado; e Javier Ricardo Álvarez Fernández, guitarra.

Dirixido a público familiar a partir dos 3 anos este espectáculo musical fará unha unha viaxe por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. No mesmo haberá tempo para cantar, para bailar, para sorrir, e soñar.

O historiador Domingo González Lopo intervén no ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

Undefined

O historiador Domingo González Lopo pronunciará mañá, martes 19 de outubro, ás 19.30 horas unha nova conferencia, na igrexa de San Domingos. Será dentro do ciclo de conferencias e visitas guiadas  que organiza o Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario da Igrexa de San Domingos no 450 aniversario da Batalla de Lepanto que é o principal motivo iconográfico deste singular retablo barroco.

A Biblioteca de Tui celebra o “Día das escritoras” cun encontro con Conchi Regueiro e María José Areal

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o vindeiro luns, 18 de outubro, o “Día das escritoras” coa celebración dun encontro de dúas escritoras Conchi Regueiro e María José Areal no que nos ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense ás 20 h.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura