Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Conto de Nadal: Cen Anos de Verbena Galega

O venres, 17 de decembro, ás 19 h, chega ao Paseo da Corredoira a gala musical "Un conto de Nadal"  dentro dos musicais de 100 Anos de Verbena Galega. 

La Oca Banda acompañada de 6 artistas convidados da verbena galega como a tudense Noelia Solleiro como anfitriona; Lito Garrido de Panorama; David Balboa excompoñente de Paris de Noia; Carlos Mariano de Suavecito; Marta Valiño excompoñente de Olympus, e Ruth Núñez finalista do programa da Tvg A Liga dos Extraordinarios.

Concerto de Fin de Ano da Banda de Música Popular de Tui

A Banda de Música Popular de Tui ofercerá o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui o xoves, 30 de decembro, ás 21.30 h.

A entrada é de balde pero é preciso realizar a reserva previa no seguinte enlace.  Para acceder ao concerto é preciso a presentación de certificado covid de pauta de vacinación completa, de ter superado a enfermidade ou certiciado de proba diagnóstica negativa. 

Concerto de Nadal do Conservatorio Profesional de Música de Tui. 

​Dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" o xoves, 16 de decembro, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui terá lugar o Concerto de Nadal do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui. 

As entradas son de balde pero é preciso realizar reserva previa no seguinte enlace.  ENTRADAS 

A música será unha das grandes protagonistas da programación “Tui, o Camiño do Nadal”

Undefined

“Tui, o Camiño do Nadal” volve ser este ano o lema da programación elaborada polo Concello con motivo destas festas, na que a música terá gran protagonismo.

O acendido da iluminación de Nadal e a inauguración do Mercado de Nadal esta tarde marcan o inicio do programa previsto no que de novo o Camiño de Santiago Portugués, do que Tui é a porta de entrada en Galicia, conduce esta oferta de lecer, na que a aposta polo local e pola economía circular volve a estar  moi presente.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura