Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas no Teatro Municipal

Undefined

Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui.  Hoxe luns ás 20 h abrirase a reserva de entradas a través da web www.tui.gal.  Melchor, Gaspar e Baltasar recibiran aos pequenos e pequenas este mércores, 5 de xaneiro, de 11.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h. Establécense quendas de entrada cada 10 minutos, admitíndose un máximo de 6 grupos por quenda estando composto cada grupo por un máximo de 5 persoas da que coma mínimo 1 debe ser unha persoa adulta.

Un centenar de nenos e nenas participan nos obradoiros de Nadal da Biblioteca Municipal de Tui

Undefined

Esta tarde e mañá martes continúan os Obradoiros de Nadal na Biblioteca Municipal de Tui que contaron con gran acollida completándose todas as prazas dispoñibles.   Así un centenar de nenos e nenas, 25 por actividade, están a participar nestas festas nos catro obradoiros promovidos pola Biblioteca Pública Municipal tudense no seu programa de actividades de animación e dinamización da lectura.

As primeiras citas foron o pasado mércores 29 e xoves 30 de decembro cos obradoiros “Arte con papel - Papiroflexia/Origami” e “Reciclando a Música - Instrumentos con material reciclado.

A Banda de Música Popular de Tui ofrece mañá o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal

Undefined

 A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá mañá xoves, 30 de decembro, ás 21.30 h o concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui. O evento contará con todas as medidas de seguridade derivadas da actual normativa sanitaria e no acceso requirirase ás persoas asistentes o certificado covid de contar coa pauta completa de vacinación, ter superado a enfermidade ou proba negativa. Recoméndase asistir con suficiente antelación. 

Mañá mércores preséntase o novo número da revista Castellum Tyde do Instituto de Estudos Tudenses

Undefined

Mañá mércores, 29 de decembro, o Salón de Plenos da casa do concello de Tui acollerá ás 19.30 h a presentación do novo número da revista “Castellum Tyde” que edita o Instituto de Estudios Tudenses e que patrocina o Concello de Tui. Trátase da sétima entrega desta publicación periódica dedicada á investigación sobre a cidade de Tui e o seu territorio histórico.

As corais tudenses San Telmo, Ponte das Febres e do Centro Sociocomunitario ofrecen mañá o concerto de Nadal no Teatro Municipal

Undefined

As tres corais tudenses ofrecerán  mañá xoves,23 de decembro, ás 21.30 h o Concerto de Nadal no Teatro Municipal de Tui. As protagonistas deste evento musical serán a Coral San Telmo,  a Coral Ponte das Febres e a Coral do Centrosociocomunitario, que interpretarán cada unha delas cinco temas.  Este evento forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal”.

“Un conto de Nadal. 100 anos de verbena galega” estréase este venres en Tui

Undefined

O Paseo da Corredoira acollerá este venres, 17 de decembro, ás 19 h a estrea de “Un Conto de Nadal. 100 anos de verbena galega” da man de La Oca Band e unha serie de artistas convidados. Este evento forma parte da programación cultural “Tui, o Camiño do Nadal” que organiza o Concello de Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura