Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Roi Borralas con "Sólo"

Roi Borrallas presentará o venres, 16 de febreiro, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui “Sólo” un espectáculo que recibiu o Premio Feten 2023 á Mellor Interpretación Masculina e o Premio Zirkólina 2022 ao mellor Espectáculo de Pallasos/as. Dirixido a público a partir dos 5 anos, e cunha duración de 45 minutos, poderemos coñecer coma é pallaso cando ninguén o ve.  

RILO & PENADIQUE con "Triscus Beliscus"

O venres, 9 de febreiro, haberá dúas funcións de “Triscus Beliscus” ás 17.30 h e ás 19 h, cun aforo limitado a 100 espectadores por función. Vero Rilo e Sonsoles Penadique levan a escena este espectáculo narración oral e música dirixido a familias con nenos e nenas de 1 a 3 anos. Baixo a dirección de Verónica Martínez levan a escea esta obra, cunha duración de 35 minutos, xogando, contando, cantando e bailando. As entradas teñen un prezo de 5€ e 3,5€.

CONTRAPRODUCCIÓNS con "Entrega na Man"

A compañía Contraproducións será a encarga de abrir a programación de 2024 no Teatro Municipal o venres, 2 de febreiro, ás 21 h con “Entrega na man”.

A obra escrita por Martin McDonagh está adaptada e dirixida por Cándido Pazó. Evaristo Calvo, Santi Romau, María Roja e Diogo Sales protagonizan esta comedia, cunha duración de 90 minutos.

As entradas teñen un prezo de 10€ e 7,5€.

Mañá abre a inscrición no Concurso Desfile de Entroido en Tui

Undefined

Mañá xoves abre o prazo de inscrición para o XXXV Concurso Desfile de Entroido que se vai celebrar o Martes de Entroido, 13 de febreiro. Poderán participar comparsas, cun mínimo de 30 persoas disfrazadas, e grupos formados por entre 10 e 20 persoas.

A inscrición debe realizarse presentando a solicitude, e a documentación requirida, na sede electrónica do Concello de Tui.  As comparsas non poderá ocupar máis de 120 metros de longo. As carrozas terán coma medidas máximas 4 metros de alto, 3 metros de ancho e 12 metros de longo.

A camelia protagonista da fin de semana en Tui

Undefined

A camelia será protagonista da fin de semana en Tui coa celebración da IX Mostra da Camelia Cidade de Tui no Claustro da Catedral. O Concello de Tui colabora un ano máis neste evento organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia.

Mañá sábado, ás 12.30 h, terá lugar a inauguración que contará coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, do Concello de Tui, do Cabido da Catedral, da Sociedad Española de la Camelia e da International Camellia Society, e de ATUCA.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura