Este mércores preséntase o libro “Rutas polo pasado xudeu de Galicia” de María Gloria de Antonio
Este mércores, 13 de decembro, o Concello de Tui organiza a presentación do libro “Rutas polo pasado xudeu de Galicia” realizado pola investigadora María Gloria de Antonio Rubio.
Este acto terá lugar, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez González no Edificio “Francisco Sánchez”. No mesmo contarase coa presenza da autora, María Gloria de Antonio, do representante da editorial Aira, Cesar Lorenzo, e da concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, Ana Mª Núñez.