Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

San Telmo - Luns 6

Esta é a programación prevista o luns 6 de abril nas festa de San Telmo:

  • 16.30h – 17.00h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral Ponte das Febres.
  • 18.00h – 19.15h No Teatro Municipal, concerto familiar de Uxía Lambona e a Banda Molona con “Eih!! Carballeira”.
  • 19.30h – 20.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación da CAI con “Ferro e Fío”.

Semana Santa 2026

Programación da Semana Santa. Tui 2026

  • Domingo 22 de marzo 18:00 h.
    • Pregón da Semana Santa na Capela das Reliquias da S. I. Catedral A cargo da xornalista Eva González del Socorro.
    • Pequeno concerto a cargo do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
    • Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui.
    • Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.
  • Domingo 29 de marzo. Domingo de Ramos

Ñu celebrará os seus cincuenta anos na música nas festas de San Telmo

Undefined

Cincuenta anos sobre os escenarios leva o grupo de rock Ñu liderado por José Carlos Molina. Dentro da xira que está a realizar por toda España para celebrar estes 50 anos de música estarán en concerto nas festas de San Telmo o domingo 5 de abril, ás 19.30 h no Espazo Feiral con entrada libre.

Ñu, unha das grandes bandas de rock español, naceu en Madrid en 1974 da man de José Carlos Molina e Rosendo Mercado, que logo deixaría esta formación para crear Leño.

O rock de La Fuga e Puño Dragón abrirá musicalmente as festas de San Telmo 2026

Undefined

O rock de La Fuga e Puño Dragón abrirá musicalmente as festas de San Telmo 2026. As dúas bandas actuarán o sábado 4 de abril, a partir das 21.30 horas, no Espazo Feiral, nun concerto con entrada libre.

O Concello de Tui aposta de novo este ano por grandes concertos para as festas patronais da cidade, declaradas de Interese Turístico Galego.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura