Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O próximo mércores inaugúrase a exposición “O río que nos move” en Tui

Undefined

O vindeiro mércores, 2 de setembro ás 19.00 horas, a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle o acto de inauguración da exposición “O río que nos move”. Na mesma recóllense 99 fotografías tomadas en 1985 por cinco mozos do Baixo Miño que, con idades entre os  21 e os 23 anos, decidiron descender o Miño na súa totalidade, sen ningún equipo de apoio e en canoas construídas por eles mesmos; algo que ninguén fixera antes.

Obradoiro sobre o oficio tradicional da xoiería o sábado 26 de setembro en Tui

Undefined

Tui acollerá o sábado, 26 de setembro, unha xornada do Programa de Voluntariado Interxeneracional “Rede Galega de Oficios Vivos”. Celebrarase de 10 a 14 h e de 16 a 20 h o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.

Esta é unha iniciativa gratuíta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia destinada á recuperación e transmisión dos oficios tradicionais, poñendo en valor o seu potencial como oportunidade de emprego e autoemprego. Neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

Ailá, Dúo Abril, Alana, Donicelas, a Banda de Balbina e Kike Varela forman parte do cartel do VI Rocha Folk

Undefined

A parroquia tudense de Caldelas convértese esta fin de semana en punto de encontro para a música folk de Galicia grazas a celebración do VI Rocha Folk. Este evento, organizado pola Asociación Cultural A Insua, forma parte da programación cultural do verán do Concello de Tui.

O Paseo Fluvial acolle este venres o XXXI Festival de Bandas de Música

Undefined

Este venres, 21 de agosto, ás 21 h celébrase o XXXI Festival de Bandas de Música de Tui, un evento xa tradicional no verán tudense que este ano terá lugar no Paseo Fluvial. A Banda de Música de Salcedo, e a Banda de Música Popular de Tui, anfitrioa e organizadora, serán as encargadas do concerto. Previamente as dúas agrupacións farán un pasarrúas por diferentes punto da cidade.

Presentación do libro "Viaje a la ausencia" de Almudena Solana

O xoves, 20 de agosto, ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do libro “Viaje a la ausencia” da escritora tudense Almudena Solana.

“Viaje a la ausencia” é un texto a medio camiño entre a memoria privada e o ensaio poético, que aborda o duelo tras a morte do pai da autora, que fora funcionario de Aduana en Tui nos inicios da década dos sesenta.

Xornada festiva co río Miño coma protagonista mañá sábado en Tui

Undefined

O río Miño marca a identidade de Tui, a súa paisaxe, e as súas xente e tamén as súas festas. Mañá sábado o Miño é protagonista coa súa festa na que piragüismo, gastronomía e música se suceden ao longo de doce horas en escenarios coma a ribeira de Caldelas, o propio río, a praia de Areeiros, a rúa Olímpicos Tudense, e a rúa Compostela.

O Concello de Tui traslada a súas condolencias polo pasamento de Víctor Coyote

Undefined

O Concello de Tui traslada as súas condolencias á familia, amizades e ao mundo da cultura  polo pasamento do tudense Víctor Aparicio Abundancia, Víctor Coyote.

Artista polifácetico, no mundo da música, no deseño gráfico, no audiovisual,… sempre mantivo a vinculación coa súa cidade natal, amosando sempre a súa disposición a colaborar en calquera proxecto local.

VI Rocha Folk

Na ribeira de Caldelas celebrarase o venres 21 e sábado 22 de agosto o VI RochaFolk, festival folk internacional que forma parte da programación de "Verán na Rúa" do Concello de Tui.

Ao longo destas dúas xornadas de música pasarán polo escenario formacións como a Banda da Balbina, Ailá, Alana, BG Lume de Biqueira, Donicelas e BG A Insúa Caldelas, ademais do DJ Kike Varela, entre outras propostas musicais.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura