Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O Conservatorio de Tui incorporará no próximo curso 2022-23 o Grao Elemental

Undefined

O Conservatorio Profesional de Música de Tui impartirá dende o próximo curso escolar 2022/23 o Grao Elemental. O pasado martes, 14 de xuño, publicouse no DOGA a autorización das ensinanzas elementais de música por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Deste xeito o centro tudense impartirá ensinanzas regradas elementais de música en quince especialidades instrumentais: piano, guitarra, violín, clarinete, guitarra eléctrica, frauta traversa, gaita, saxofón, percusión, óboe, viola, violonchelo, trompeta, trombón e tuba.

Mañá venres ás 19 h inaugúrase a exposición “Nada ha sido fácil” de Xulio M. Sigüenza

Undefined

Mañá venres, 10 de xuño, ás 19 h inaugurarase no anexo da Sala de Exposicións Municipal a mostra “Nada ha sido fácil” de Xulio M. Sigüenza.  Nesa mostra o autor convida a realizar unha viaxe poética a través da súa intervención con diversos textos e obxectos. Así atopamos na exposición unha mesa, único moble do habitante dunha casa, unha porta, ou a pegada dun nenos sobre un ladrillo. Amósase tamén o “legado de Tabliñas” escrito sobre unha antiga chapa galvanizada.

O Concello de Tui entrega unha reprodución facsímile do diploma de Fernando II de 1170 á Catedral

Undefined

Mañá xoves, 9 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Arquivos, o Concello de Tui entregará á Catedral tudense unha reprodución facsímile do diploma concedido polo rei Fernando II á sede tudense no ano 1170. O acto terá lugar ás 11.30 h no Salón de Plenos da Casa do Concello coa asistencia do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do deán do Cabido da Catedral, José Diéguez Dieppa.

O Concello de Tui concede unha Mención Honorífica Especial ao debuxante Martín Rodríguez Álvarez

Undefined

O Concello de Tui, mediante unha Resolución da Alcaldía, acordou concederlle ao debuxante tudense Martín Rodríguez Álvarez unha Mención Honorífica Especial en recoñecemento a súa traxectoria persoal e artística, onde a cidade de Tui ten ocupado un lugar preeminente. 

Florencio Delgado Gurriarán visita este mércores a Biblioteca Municipal de Tui

Undefined

O escritor Florencio Delgado Gurriarán visitará este mércores, 8 de xuño, ás 18.00 h a Biblioteca Pública Municipal de Tui grazas a unha actividade de animación á lectura que corre a cargo do grupo de contacontos “Polo correo do vento”. Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura