Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Tui celebra o Día Internacional de Tecer en público con actividades durante o mes de xuño

Undefined

A praza da Inmaculada será o escenario, o sábado 11 de xuño, da celebración do Día Internacional de Tecer en Público. Ao longo de todo o mes haberá distintas actividades organizadas por Cucapuntoes e M y R Abalorios, coa colaboración do Concello de Tui e de TejeTui,  contando coa participación das mercerías locais Elia, Fiadeiras e Ideas.

Continúa o ciclo sobre Rosendo Salvado cunha visita guiada pola cidade

Undefined

Mañá mércores, 1 de xuño, continua o desenvolvemento do ciclo de actividades organizado polo Concello de Tui en torno a figura do bispo tudense, Frei Rosendo Salvado.

A actividade desta xornada estará centrada nunha visita guiadas aos principais lugares da nosa cidade vinculados coa figura de Frei Rosendo Salvado, que mantivo sempre acesa a súa relación coa súa terra e as súas xentes.

A conferencia de Albino Prada centra a segunda xornada do ciclo sobre Rosendo Salvado

Undefined

Mañá martes, 31 de maio, continua o ciclo de actividades organizado polo Concello de Tui en torno a figura do bispo tudense, Frei Rosendo Salvado.

Nesta xornada terá lugar unha conferencia do profesor de economía da Universidade de Vigo, Albino Prada Blanco, titulada "Rosendo Salvado entre os séculos XIX e XXI". Será na Aula Uned de Tui (antigo convento de San Domingos na rúa Antero Rubín).

Rosendo Salvado protagoniza unha semana de actividades en Tui

Undefined

Rosendo Salvado será o protagonista do ciclo de actividades que se van celebrar dende o próximo luns, 30 de maio, e até o sábado, 4 de xuño, en Tui. O programa está formado por conferencias, visita guiada, concerto, e proxección dun documental sobre un dos tudenses máis egrexios ao longo dos tempos.  A presentación deste ciclo tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e a pianista Andrea González. 

Comunicado da Concellería de Cultura tras a suspensión do concerto da Banda de Música Popular de Tui e Lembranzas da Terra de Guillarei o pasado sábado 21 de maio

Undefined

A Concellería de  Cultura do Concello de Tui quere aclarar as circunstancias  que rodearon á suspensión o concerto da Banda de Música Popular de Tui e de Lembranzas da Terra de Guillarei, incluído na programación da Feira do Libro Galego, organizada con motivo do Día das Letras Galegas deste ano 2022.

Presentación do ciclo de actividades entorno á figura de frei Rosendo Salvado

Undefined

Maña venres, 27 de maio, ás 11.30 h, na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación do ciclo de actividade entorno á figura de frei Rosendo Salvado que se vai celebrar do 30 de maio ao 4 de xuño.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e da pianista tudense Andrea González que ven de publicar “Salvado – Piano Works”.

A escritora de Valença María José Areal presenta este xoves na Biblioteca Municipal o seu novo libro

Undefined

Este xoves, 26 de maio, ás 20.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación da nova obra da escritora de Valença, María José Areal, titulada “No Chão do Caminho – Contos”.

Nesta nova obra, recentemente editada, a autora vai camiñando “na memoria e travessuras, aliciamentos, lamentos, esplendores e alforrias”.  “No Chão do Caminho – Contos” está formado por 21 contos “a falar dos homes e das mulleres, do río e da serra, de pobreza e da miseria, de solidariedade e do amor, por enriba de todo, fala da vida”.

Dani Blanco presenta mañá na Biblioteca Municipal o contacontos “Historias desde o outro lado da raia”

Undefined

Mañá martes, 24 de maio, continúa na Biblioteca Municipal de Tui o programa de actividades “Tui en letras” que abrangue os meses de maio e xuño. Mañá martes, ás 18 h será a quenda de Dani Blanco co contacontos “Historias desde o outro lado da raia” dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura