Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Presentación do ciclo de actividades entorno á figura de frei Rosendo Salvado

Undefined

Maña venres, 27 de maio, ás 11.30 h, na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación do ciclo de actividade entorno á figura de frei Rosendo Salvado que se vai celebrar do 30 de maio ao 4 de xuño.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e da pianista tudense Andrea González que ven de publicar “Salvado – Piano Works”.

A escritora de Valença María José Areal presenta este xoves na Biblioteca Municipal o seu novo libro

Undefined

Este xoves, 26 de maio, ás 20.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación da nova obra da escritora de Valença, María José Areal, titulada “No Chão do Caminho – Contos”.

Nesta nova obra, recentemente editada, a autora vai camiñando “na memoria e travessuras, aliciamentos, lamentos, esplendores e alforrias”.  “No Chão do Caminho – Contos” está formado por 21 contos “a falar dos homes e das mulleres, do río e da serra, de pobreza e da miseria, de solidariedade e do amor, por enriba de todo, fala da vida”.

Dani Blanco presenta mañá na Biblioteca Municipal o contacontos “Historias desde o outro lado da raia”

Undefined

Mañá martes, 24 de maio, continúa na Biblioteca Municipal de Tui o programa de actividades “Tui en letras” que abrangue os meses de maio e xuño. Mañá martes, ás 18 h será a quenda de Dani Blanco co contacontos “Historias desde o outro lado da raia” dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

ESTE SÁBADO 21 DE MAIO CELÉBRASE EN TUI A XXIII FEIRA DO LIBRO GALEGO

Undefined

O Concello de Tui retoma este sábado 21 de maio ás actividades previstas para o pasado martes, Día das Letras Galegas, coa celebración da feira do libro galego que chega neste ano a súa XXIII edición e que ocupará o céntrico Paseo da Corredoira coa participación das librarías tudenses, Iris e Nobel, que de nova retornar á rúa coas novidades editoriais en lingua galega que ocuparan ata doce stands. Aínda que fóra anunciado aprazamento para o domingo 22 as previsións meteorolóxicas aconsellan adiantar a celebración ao sábado onde está garantido unha climatoloxía favorable.

XXIII Feira do Libro Galego

O sábado, 21 de maio, no Paseo da Corredoira vaise celebrar a  XXIII Feira do Libro Galego. 
 

Haberá 12 postos das librarías tudenses Espazo Lector Nobel e Iris.

Será  inaugurada ás 11,30 horas pola escritora Sonia Mirón, autora de novelas especialmente dirixidas ao público xuvenil é licenciada en Filoloxía Hispánica e profesora de lingua e literatura no ensino medio e titora da Uned, xunto as súas obras literarios colabora como columnista na prensa e autora de reportaxes en diversos medios de comunicación.

A XXIII Feira do Libro Galego celebrarase este domingo 22 de maio

Undefined

Debido á previsión de choiva para mañá martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, as actividades previstas para celebrar esta data aprázanse para este domingo 22 de maio.

Así o domingo terá lugar a XXIII Feira do Libro Galego no Paseo da Corredoira coa participación das librarías tudenses, Espazo Lector Nobel e Iris, que volverán saír á rúa con once postos nos que presentarán as novidades editoriais en lingua galega.

O Forum Peregrino contribúe á valorización do Camiño de Santiago

Undefined

 

A Aula da UNED, no antigo Convento de San Domingos, en pleno Camiño de Santiago, acollerá o sábado 21 e o domingo 22 deste mes de maio o Forum Peregrino organizado por Iacobus Tui Baixo Miño coa colaboración do Concello de Tui.

Este evento foi presentado onte ao mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pola concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, xunto a Juan José Sánchez, vicepresidente; Alfonso Ferreira, secretario e Jesús Carrera, vocal de Iacobus Tui -Baixo Miño.

Máis de 600 persoas visitaron xa a mostra “Artistas Tudenses” que pecha o próximo luns

Undefined

Máis de 600 persoas teñen visitado ao longo das última semanas a mostra “Artistas Tudenses” que até o próximo luns, 16 de maio, está na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez.

A mostra, organizada pola concellería de Cultura do Concello de Tui, recolle unha escolma da obra dunha trintena de artistas tudenses nas diversas disciplinas artísticas.

Dende a súa inauguración, o pasado 16 de abril no inicio das festas patronais de San Telmo, esta mostra ten suscitado o interese da veciñanza.

Mañá preséntase o Forum Peregrino

Undefined

Maña venres, 13 de maio, ás 13 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o Forum Peregrino. Esta actividade vaise celebrar na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, o sábado 21 e o domingo 22 deste mes de maio organizada por Iacobus coa colaboración do Concello de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a representantes da asociación Iacobus.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura