Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Bailando a Terra

O Paseo Fluvial de Tui acollerá o venres, 23 de setembro, ás 20 h o peche do novidoso programa "Bailando a terra" da Deputación.

A escola de danza Unidance e o seu espectáculo “Os 4 elementos”, dirixido por Alejandra Teixeira, no que une danza urbana, contemporánea e tradición, con acrobacia e un número con lume.

Xabier Díaz e Adufeiras e Arxe actúan no II Festival da Cultural Tradicional e Folk

Undefined

A praza de San Fernando e o Paseo da Corredoira serán os escenarios do II Festival da Cultural Tradicional e Folk que se celebra este venres, sábado, e domingo en Tui organizado pola Asociación Cultural San Telmo. Este evento abre a programación cultural do verán en Tui.

Na presentación do festival participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, de Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente,  Conchi Sales e a Ana Mª Pereira Sousa da Asociación Cultural San Telmo, Marcos Campos e Alba Faro do grupo Arxe e Xabier Díaz.

Tui acolle este verán catro festivais, concertos e cinema

Undefined

Dende este venres, 8 de xullo, e até o luns 29 de agosto, vaise celebrar en Tui a programación cultural do verán cunha ampla oferta na que terán lugar catro festivais - II Festival da Cultural Tradicional e Folk, FIAR, Música no Claustro e IKFEM- , concertos de Xoel López, a Banda de Gaitas de Paramos, Raquel Areal, Sara Areal e Karla Martínez, cinema ao aire libre e a Festa do Miño.

MUMI 2022

A Eurocidade Tui-Valença acollerá do 29 de setembro ao 1 de outubro o MUMI, III Encontro Profesional de Música de Galicia e Portugal. 

 A Eurocidade Tui-Valença acolle e patrocina a través do proxecto Unicidade este encontro que, ademais da vertente profesional, abrirá boa parte do programa ao público xeral.

IKFEM 2022

Do 19 ao 26 de agosto celebrarase o X IKFEM, Festival Internacional de Teclado da Eurocidade.

www.ikfem.com

  • Xoves 25 no Jardim Municipal de Valença

    • Ás 20 h ES Prodixios Eurocidade, musica clásica, world music e bandas sonoras

    • Ás 22.30 h ES Julio Resende e Almo, fado e jazz

  • Venres 26 no Paseo Fluvial de Tui

X Festa do Miño

O sábado, 13 de agosto, celebrarase a X Festa do Miño. A programación comezará ao mediodía coa Romaría Popular na ribeira de Caldelas, de onde sairá o Descenso Popular do Miño que organiza o Club Kaiak Tudense. Recupérase nesta edición a Festa Gastronómica na rúa Compostela a partir das 20 h coa participación de 13 asociacións culturais tudenses, a animación de Troula Animación e o concerto da Banda Xangai.

Concerto "Volta ás orixes"

“Volta ás Orixes” é o título do concerto que ofrecerán as irmás violinistas tudenses Sara e Raquel Areal Martínez xunto á pianista Karla Martínez o venres, 29 de xullo, ás 22. 15h na praza de San Fernando. Ao longo dunha hora interpretarán as obras que as teñen acompañado ao longo da súa carreira musical. Así poderemos escoitar composición de Vivaldi, Falla ou Sarasate.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura