Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Acto de benvida do MUMI 2022 no Teatro Municipal de Tui

Undefined

O acto terá lugar no Teatro Municipal de Tui (R/Colón, 2) e contará coa participación de:

- Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
- Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença.
- Ana Laura Iglesias, Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra.
- Jacobo Sutil, director da Axencia das Industrias culturais (AGADIC).
- Uxío Benítez, director da AECT Rio Minho.
- Ánxela Vila, organización do MUMI.

Os espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria protagonizan o concerto de apertura do MUMI 2022

Undefined

O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, subirán ao palco do Jardim Municipal de Valença hoxe ás 22:00 h ES - 21:00 h PT para ofrecer dous espectáculos que se centran nas músicas de raíz, unha aposta que desde a organización se entende como a necesidade de promover a música tradicional interpretada desde unha visión contemporánea, como forma de garantir o seu futuro; unha tradición máis viva ca nunca, que está logrando posicionar as músicas de raíz de ambos territorios na vangarda da experimentación e nos tops das listas de reproducións.

200 profesionais da industria musical encóntranse mañá na Eurocidade Tui-Valença no marco do MUMI 2022

Undefined

Mañá bota andar o MUMI 2022 na Eurocidade Tui-Valença cun programa cargado de música ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal serán protagonistas. Até o sábado 1 de outubro, vinte showcases de bandas e artistas portugueses e galegos, os impresionantes espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria na apertura do evento, faladoiros e encontros profesionais, e o Festival Minho Tranfronteiriço no peche, completan a proposta desta 3ª edición do MUMI Encontro Profesional das Músicas no Minho.

Mañá péchase en Tui o ciclo de danza en espazos naturais ‘Bailando a terra’

Undefined

O Paseo Fluvial de Tui acollerá mañá venres, 23 de setembro, ás 20 h o espectáculo de danza ‘Os 4 elementos’ da escola de danza viguesa Unidance. Trátase do último evento de danza, música e patrimonio do ciclo ‘Bailando a terra’ promovido pola Deputación de Pontevedra e que chega á cidade coa colaboración do Concello de Tui.

As persoas participantes no Congreso Internacional de formación para o traballo Norte de Portugal Galicia visitarán este xoves o conxunto histórico de Tui

Undefined

Este xoves pola tarde as persoas participantes no 22º Congreso Internacional de Formación para o traballo Norte de Portugal – Galicia realizarán unha visita cultural á cidade de Tui na que percorreran a Catedral de Tui, xunto a un paseo polo conxunto histórico tudense. O Congreso celébrase este xoves 22 e venres na Escola Superior de Ciencias Empresariais -IPVC de Valença.

Vinte bandas de Galicia e Portugal presentarán os seus traballos no MUMI 2022

Undefined

Vinte directos doutras tantas bandas e artistas están programados no encontro profesional de músicas MUMI 2022, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro en Tui e Valença. Dez nomes de Galicia e outros dez de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.

O luns preséntase o programa do MUMI, III Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal

Undefined

O próximo luns, 19 de setembro, ás 11:30 horas, presentarase a programación oficial do MUMI 2022 - III  Encontro Profesional de Música de Galicia e Portugal. O acto terá lugar na Pousada de San Teotonio na Fortaleza Municipal de Valença, e contará coa participación de:

Exposición Abrimos Portas ? de Rosa Mª Vila

A Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o 8 de outubro, a mostra  “Abrimos Portas?” da tudense Rosa Mª Vila.

A artista presenta un total de 25 cadros nos que retrata a plumiña e acuarela 19 portas de Tui e 6 de Valença.

Rosa María Vila plasma nas súas obras estas portas e realiza unha interpretación das mesmas en base ao seu debuxo e cor, así a través das técnicas artísticas estas portas, algunhas xa centenarias, adquiren unha nova dimensión que reflicte o seu valor artístico e patrimonial.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura