Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Este venres chega a Tui a compañía Butacazero co seu espectáculo ‘Papagena’

Galego

Este venres 21 de outubro, ás 21.30 h, no Teatro Municipal de Tui haberá cita de ópera contemporánea da man de Butacazero. A compañía representará o espectáculo ‘Papagena’, unha ópera electrónica a partir da figura de Papagena da Frauta Máxica de Mozart. A obra analiza e fai unha re-lectura dende unha mirada actual dese personaxe.

Este venres chega a Tui a compañía Píscore co seu espectáculo ‘Concerto con fusión’

Undefined

Este venres 14 de outubro, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui haberá cita co teatro musical ‘Concerto con fusión’ de Píscore. A obra, galardoada co Premio do Público no Festaclown 2019 e como Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018, xa ten á venta as entradas en tui.gal a prezos de 4 e 3 euros.

Talía Teatro abre o ciclo de outono no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Talía Teatro abre este venres, no Teatro Municipal de Tui, a extensa programación de outono que se prolongará durante este mes de outubro e o de novembro.

Ás 21.30 h Talía Teatro representará ‘Morte accidental dun anarquista’. Esta comedia de Diario Fo está dirixida por Cándido Pazó e conta uns sucesos reais ocorridos nos Estados Unidos en 1921 e que se inspiran na morte do ferroviario Giuseppe Pinelli en Milán.

O tudense Emilio Estévez presenta o seu primeiro libro “El Báculo de San Epitacio”

Undefined

O edificio Francisco Sánchez acolle este venres, 7 de outubro, ás 20 h a presentación do libro “El báculo de San Epitacio; Susana, Susana” do tudense Emilio Estévez.  Esta é a segunda das actividades programadas con motivo do Mes da Biblioteca en Tui.

O propio Emilio Estévez será o encargado de desvelar ao público a historia que recolle na súa primeira novela, coa que debuta no panorama narrativo de aventuras. Será presentado por Eva González.

Tui inicia o outono cunha ampla programación teatral para todos os públicos

Undefined

Dende este venres 7 de outubro, o Teatro Municipal de Tui acollerá unha extensa programación teatral para todos os públicos con recoñecidos espectáculos que visitarán a cidade ao longo dos próximos dous meses. En canto aos xéneros, haberá propostas de ópera, comedia, drama, cinema, danza contemporánea ou musicais.

Serán un total de oito espectáculos a celebrar até o 25 de novembro que chegarán da man de compañías coma Talia Teatro, Píscore,  Butaca Zero, Tanxarina Títeres, Da.Te. Danza, Os Naúfragos e Contraproducións.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura