Concerto de Nadal da Eurocidade "Estrela"
O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 21 de decembro, ás 21.30 h ES espectáculo musical “Estrela” encherá de maxia o Nadal da Eurocidade Tui-Valença.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 21 de decembro, ás 21.30 h ES espectáculo musical “Estrela” encherá de maxia o Nadal da Eurocidade Tui-Valença.
O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado 28 de decembro, ás 20 h un concerto especial de polifonía a cargo das tres corais tudenses Ponte das Febres, do Centro Sociocomunitario e San Telmo que brindarán unha noite inesquecible.
Primeira actuación: Coral Ponte das Febres
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto de Nadal único baixo o título de “A historia de Santa Claus". Será o venres, 27 de decembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui.
O Anexo da Sala Municipal de Exposicións no Edificio “Francisco Sánchez” acolle até o 4 de xaneiro unha escolma das obras gañadoras do certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’ que neste ano alcanza a súa novena edición.
O concurso, celebrouse no mes de novembro coa colaboración do Concello e doutras entidades da cidade, contando coa participación de máis dunha trintena de persoas de toda a provincia de Pontevedra e da Coruña. Nas súas obras, que agora se poden ver expostas ao público, recolleron espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.
Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para vivir unha experiencia inesquecible. Baixo o lema "A Maxia do Nadal está en Tui", o municipio ofrece á veciñanza e visitantes un amplo programa de actividades para todas as idades, cargado de tradición, encanto, maxia e espírito festivo.
Agasallos, decoración, artesanía, e delicias gastronómicas ofértanse nos 20 postos do Mercado de Nadal instalados no Paseo da Corredoira en casetas de madeira cunha coidada decoración. Esta fin de semana abre de 12 a 14 h e de 17 a 22 h, coa salvidade de que o domingo os postos pecharán ás 21 h.
O espectáculo musical “Estrela” encherá de maxia o Nadal da Eurocidade Tui-Valença o próximo sábado, 21 de decembro, ás 21.30 h ES no Teatro Municipal de Tui.
A Cámara de Valença e o Concello de Tui, que conforman a Eurocidade, reforzan un Nadal máis a unión entre ambos municipios a través da música.
O bo facer dos músicos e músicas que forman parte do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui estará moi presente no Nadal, con catro concertos abertos á veciñanza para poñer a nota musical a este mes de decembro. Deste xeito o alumnado deste centro de ensinanzas musicais súmase á maxia do Nadal en Tui.
Concerto solidario de Nadal do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui.
O bo facer dos músicos e músicas que forman parte do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui estará moi presente no Nadal, con catro concertos abertos á veciñanza para poñer a nota musical a este mes de decembro. Deste xeito o alumnado deste centro de ensinanzas musicais súmase á maxia do Nadal en Tui.
A primeira cita será o próximo mércores 11, ás 20 h, no Teatro Municipal, e será solidaria con SOS Tomiño Baixo Miño. A entrada será 1 kg de alimentos non perecedoiros que se recollerá na porta do teatro o propio día do concerto.
“Os Bolechas tocan nunha grande orquestra” é o espectáculo que o próximo xoves, 5 de decembro, ás 19 h chega ao Teatro Municipal de Tui da man desta popular familia e dentro da programación de Nadal.
O tambor, a guitarra, o piano, a frauta... son algúns dos instrumentos musicais que soan na orquestra dos Bolechas, que nunha nova xira de teatro ofrecerán un gran concerto para transmitirlles aos nenos e nenas a importancia da colaboración e a creatividade.