Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Tui celebra cun amplo programa a Xornada Europea da Cultura Xudía

Undefined

A cidade de Tui súmase, un ano mais, á celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía cun amplo programa de actividades que abrangue dende o xoves 1 de setembro ata o domingo 11 de setembro. Unha renovada oferta de actividades para difundir e valorizar o amplo patrimonio cultural tudense ligado á presenza da comunidade xudía e logo sefardí neste territorio de fronteira.

Os Náufragos con Hugo

‘Hugo’, da compañía Os Náufragos, é un espectáculo teatral infantil que conta a historia deste rapaz diferente. A Hugo, diagnosticado con TEA, trastorno do espectro autista, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia o visita cada día, e a ela gústalle falar e as plantas. Hugo é unha peza que fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. A cita será o venres, 18 de novembro, ás 19.30 h no Teatro Municipal.

Cinema Cuñados

O cinema volve a Tui coa programación de ‘Cuñados’, o filme de Toño López, lanzado no 2021 e que conta cun elenco de rostros coñecidos en Galicia como Xosé Touriñán ou Miguel de Lira. Neste filme de comedia cóntase as peripecias que terán que levar a cabo os dous protagonistas, Eduardo e Sabonis, logo de meter a pata nun dos seus negocios. Agora precisan diñeiro, moito diñeiro. Poderá verse o venres, 11 de novembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal.

 

Da.Te Danza con ‘Natanam’

Natanam’ será a proposta da compañía Da.Te Danza para comezar novembro no apartado cultural. A cita será o venres, 4 de novembro, ás 19.30 h no Teatro Municipal. Galardoado con varios recoñecementos, entre eles o premio FETEM 2021, trátase dun espectáculo de danza para a primeira infancia e familias, con dirección de Omar Meza e a interpretación de dous bailaríns, María José Casado e Raúl Durán.

Tanxarina Títeres con A cazola de Lola

A cazola de Lola’, da compañía Tanxarina Títeres será a proposta para o venres 28 de outubro en Tui ás 19.30 h no Teatro Municipal. Interpretado por Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez, conta a historia do cazo que Lola sempre arrastra. Un día, caiulle enriba. Non sabe moi ben por que pero dende entón Lola xa non é como os demais. Necesita moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. 

Talía Teatro con Morte accidental dun anarquista

Talía Teatro interpretará, o venres 7 de outubro ás 21.30 h no Teatro Municipal unha adaptación da clásica obra do italiano Darío Fo, ‘Morte accidental dun anarquista’. Nela se tratan os sucesos reais ocorridos nos Estados Unidos en 1921, e que teñen inspiración nas circunstancias que rodearon a morte do ferroviario Giuseppe Pinelli en Milán un ano antes da estrea da obra orixinal.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura