Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Tui acolle até o 29 de xaneiro a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”

Undefined

A Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez acolle até o 29 de xaneiro a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”, que chega a Tui da man da Consellería da Cultura e da Cidade da Cultura coa colaboración do Concello de Tui.

Mañá xoves, ás 10.30 h, inaugúrase a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”

Undefined

Mañá xoves, 1 de decembro, ás 10.30 h na Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez terá lugar a inauguración da exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”

O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo; da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez  e da comisaria da exposición Lucía Laín. 

A mostra poderá visitarse dende mañá e até o 29 de xaneiro. 
 

O espectáculo “Xogar e aprender en galego mola!” chega mañá martes a Tui

Undefined

Mañá martes, 29 de novembro, ás 17.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle un espectáculo de música e xogos dirixido aos máis pequenos titulado “Xogar e aprender en galego mola!” que está promovido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Falaredes 22, en colaboración co Concello de Tui.

“Xogar e aprender en galego mola!” é un espectáculo infantil de música e xogos, de Deza Music. Lecer para toda a familia con moita diversión ao tempo que se promove o uso da lingua galega entre nenas e nenos.

A compañía Contraproduccións chega ao Teatro Municipal de Tui con Cigarreiras

Undefined

Contraproduccións pecha este venres día 25 ,ás 21.30 h, no Teatro Municipal de Tui, a extensa programación de outono que se celebrou durante o pasado mes de outubro e este mes de novembro.

Contraproduccións representará ‘Cigarreiras’, un drama baseado en “La Tribuna” de Emilia Pardo Bazán. Nesta proposta dramatúrxica, con sete actrices en escena, conxuga o ton propio dun drama individual e colectivo, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, característicos da narrativa de Pardo Bazán.

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres a obra ‘Hugo’

Galego

‘Hugo’, da compañía Os Náufragos é a proposta do Teatro Municipal nunha nova cita cultural de outono en Tui. Será este venres, 18 de novembro, ás 19.30h. Trátase dun espectáculo teatral infantil de 45 minutos e triplemente galardoado este ano como mellor espectáculo para a infancia nos Premios María Casares, como Espectáculo Fetén 2022 e como Espectáculo Galicia Escena Pro.

Este domingo celébrase en Tui a VII edición do concurso “Pinta Tui”

Undefined

Este domingo, dende as 10.00 h, as rúas de Tui encheranse de cores coa celebración do VII Concurso de pintura ao aire libre “Pinta Tui”. A intención é promover e achegar o arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización turística e as actividades do Concello. Está organizado por ACITUI e Efectos, co patrocinio do Concello de Tui e distintas casas comerciais.

O cinema chega a Tui este venres coa proxección do filme ‘Cuñados’

Undefined

Este venres, 11 de novembro, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui haberá cita cinematográfica e cómica da man do filme ‘Cuñados’, unha película dirixida por Toño López.

Xosé A. Touriñán (Sabonis) e Miguel de Lira (Eduardo) dan vida aos cuñados protagonistas do filme, que meten a pata nun dos seus negocios e precisan moito diñeiro. A eles únense os actores Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez e Mela Casal, entre outros.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura