Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O espectáculo “Xogar e aprender en galego mola!” chega mañá martes a Tui

28/11/2022

Será ás 17.30 h na Sala Félix Rodríguez cunha proposta lúdica de música e xogos para os máis pequenos

Mañá martes, 29 de novembro, ás 17.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle un espectáculo de música e xogos dirixido aos máis pequenos titulado “Xogar e aprender en galego mola!” que está promovido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Falaredes 22, en colaboración co Concello de Tui.

“Xogar e aprender en galego mola!” é un espectáculo infantil de música e xogos, de Deza Music. Lecer para toda a familia con moita diversión ao tempo que se promove o uso da lingua galega entre nenas e nenos.

Este espectáculo dará comezo ás 17,30 horas na Sala “Félix Rodriguez González” no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) con entrada pola parte traseira do Edificio.

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, esta actividade enriquece a programación da Biblioteca Municipal tudense cunha aposta polo achegamento dos máis cativos ao mundo da cultura con especial incidencia neste caso na dinamización do uso do galego entre a poboación infantil