Hoxe incorporáronse cinco axentes da Policía Local
A plantilla da Policía Local de Tui ven de ser reforzada coa incorporación de cinco axentes que veñen de completar a súa formación dun ano na Academia Galega de Seguridade. Son catro homes e unha muller, sendo a primeira vez na historia que Tui conta cunha muller coma funcionaria da Policía Local.
Este mediodía foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Persoal e Seguridade, José Ramón Magán, que lles deron á benvida ao Concello de Tui.