Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A irmandade entre Tui e Versmold cumpre unha década

Undefined

A irmandade entre o municipio de Tui e o alemán de Versmold cumpre dez anos. Con motivo do décimo aniversario da sinatura do acordo de irmandade entre ambas localidade, asinado en abril de 2013, unha delegación Versmold visitará oficialmente Tui  dende mañá 16 de abril e até o xoves 20, coincidindo amais coa celebración das festas patronais de San Telmo.

O Concello de Tui está a realizar a desmontaxe de dous inmobles en ruínas no conxunto histórico

Undefined

O Concello de Tui executou esta semana o desmonte das ruínas dunha vivenda situada na rúa Martínez Padín que levaba décadas en situación de abandono. Unha empresa contratada polo Concello realizou estes traballos, que proseguirán noutro inmoble nas mesmas condicións situado na rúa Sanz. 

Juan Carlos García-Valdecasas e a Radio Municipal de Tui, premios ‘Cidade de Tui’ 2023

Undefined

O cirurxián tudense Juan Carlos García-Valdecasas Salgado, na categoría individual, e a Radio Municipal de Tui, na modalidade colectiva, recibiron o pasado sábado os ‘Premios Cidade de Tui’ 2023, na gala celebrada no Teatro Municipal.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, entregou sendos premios, poñendo en valor o labor dos premiados. Dicía que “a gratitude e a xenerosidade fixeron posible a existencia desta bimilenaria cidade”.

Consulta do Censo Electoral para o 28M

Undefined

Dende hoxe e até o luns 17 de abril pódese consultar o censo electoral que estará vixente nas Eleccións Municipais do 28 de maio.

A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado na casa do concello de Tui en horario de 9:00h a 14:00 h.

Así mesmo infórmase que durante o citado periodo publicarase na Sede Electrónica do Concello de Tui relación de Mesas e Locais electorais enviada polo Censo Electoral.

Bando Consulta Censo Electoral 28 de maio de 2023

CONSULTA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS CONVOCADAS PARA O 28 DE MAIO DE 2023

D. Enrique Cabaleiro González, alcalde do Concello de Tui

FAI SABER:

O 19/05/2020 publicouse no Boletín Oficial do Estado número 80 o Real Decreto 207/2023, do 3 de abril, de convocatoria de eleccións locais para o 28 de maio de 2023.

Tendo en conta as instrucións para servicios de consulta municipais remitidas pola Delegación Provincial do INE de Pontevedra (Rexistro de entrada nº 2023- E-RC-3010 do 10/04/2023).

Teatro Principal é un dos 181 edificios que recibirán fondos do PIREP Local para a súa rehabilitación

Undefined

O Concello de Tui recibirá do PIREP Local 772 mil euros para a rehabilitación do Teatro Principal. Este é un dos 181 edificios públicos que recibirán fondos europeos de recuperación NextGenerationEU do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) dentro da Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local (Pirep Local) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Bando Espectáculo Pirotécnico de San Telmo 2023

BANDO

ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO FESTAS DE SAN TELMO 2023

O concello de Tui ven celebrando dende hai anos un espectáculo pirotécnico de fogos artificiais como colofón dos actos das festas patronais na honra a San Temo. Este espectáculo realizarase nunha zona dos xardíns de Rosendo Troncoso, e terá lugar o luns día 17 de abril de 2023 ás 23:30h cunha duración prevista de 15 min.

O Concello de Tui inviste case 26 mil euros na renovación do mobiliario urbano

Undefined

O Concello de Tui está a mellorar o mobiliario urbano situado ao longo do termo municipal tanto no centro urbano, coma nas parroquias, nos parques infantís, ou nos centro educativos. O investimento a realizar ascende a 25.925,46€ e suporá a colocación de 45 bancos, 25 papeleiras, e 9 fontes.

O Concello de Tui renovará a Travesía de San Domingos mellorando a pavimentación, soterrando servizos e pondo en valor os restos da vía romana

Undefined

O Concello de Tui vén de rematar o procedemento de contratación das obras a executar na Travesía de San Domingos. Suporán un investimento de preto de 450 mil euros que serán financiados con cargo ao Plan Concellos 2022-23 da Deputación de Pontevedra.

As obras realizaranse de forma coordinada coas que se están a executar na rúa Antero Rubín, buscando así xerar as menores molestias á veciñanza da zona.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía