Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O Concello de Tui contrata a un avogado para asesorar ás persoas afectadas polos incendios no conxunto histórico na reclamación ante as aseguradoras

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros do equipo de goberno de todos os grupos da corporación municipal reuniuse onte á tarde no salón de sesións da casa do concello con medio centenar de persoas afectadas polos incendios rexistrados en cinco puntos do conxunto histórico de Tui na madrugada do domingo ao luns.

Ás 20 h convócase a unha reunións ás persoas afectadas polos incendios rexistrados esta noite

Undefined

O Concello de Tui amosa súa total condena aos feitos acontecidos esta noite no conxunto histórico de Tui onde foron queimados máis de vinte coches en distintos puntos.

Tras estes graves feitos o concello de Tui solicita a colaboración cidadá para que aquelas persoas que poidan ter algunha información sobre os autores destes incendios se dirixan ao cuartel da Garda Civil de Tui. 

O Concello de Tui recoñeceu esta mañá ás empresas colaboradoras co emprego local

Undefined

O Concello de Tui entregou esta mañá unha serie de recoñecementos ás empresas e entidades colaboradoras  co emprego local en moi diversos ámbitos dende o institucional, asociativo e empresarial. Deste xeito quíxose plasmar o agradecemento do Concello de Tui con todos e todas cantos contribúen a mellorar a empregabilidade das persoas.  Foi no transcurso da xornada “Xuntos polo emprego” celebrada na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez.

O Concello de Tui lamenta o pasamento de Damián Estévez Rodríguez, adestrador do CD Caldelas de Tui

Undefined

Nado en Salceda de Caselas en 1986, Damián Estévez estaba casado con Yolanda Sousa e acababa de ser pai do seu segundo fillo hai uns días. Era xenro do ex concelleiro da corporación municipal de Tui, José Manuel Sousa, quen o consideraba coma un fillo. Tamén era sobriño do actual concelleiro de Parque Móbil, Javier Rodríguez Gómez.

Tui, á cabeza en investimento educativo e importe por alumno na provincia e en Galicia

Undefined

O Concello de Tui ratifica o seu firme compromiso coa educación pública e accesible para toda a súa veciñanza. O investimento educativo na cidade nos últimos dous anos supuxo o 9% do total orzamentario das arcas municipais. Isto arroxa datos como o importe por alumno, que en Tui superou os 270 euros por persoa.

O 29 de abril celebrarase a visita "Tui, o outeiro fortificado que quixeron romanos, vikingos e xudeus"

Undefined

Coñecer, amar, valorar e protexer a historia de Galicia. Ese é o principal obxectivo de www.rutasdehistoria.gal, un proxecto patrimonial impulsado polo portal web www.historiadegalicia.gal ao que esta primavera se suman catro rexedores das catro provincias galegas cun único fin: poñer en valor o seu patrimonio local.

A corporación municipal de Tui celebra pleno extraordinario o próximo martes, 14 de marzo, ás 20 h

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará sesión plenaria de carácter extraordinaria o próximo martes, 14 de marzo, ás 20 h coa seguinte orde do día. 

A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 1/2023 de data 26/01/2023.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía