Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Clausurado con éxito o proxecto Río Miño, destino Navegable

Undefined

A ruta fluvial do río Miño da que entre febreiro e outubro gozaron 5.400 persoas foi unha das iniciativas executadas ao abeiro do proxecto Río Miño, Destino Navegable, que hoxe foi clausurado. No mesmo participaron coma socios os concellos de Tui e Salvaterra de Miño, e as cámaras municipais de Valença e Monçao, xunto a Axencia de Turismo de Galicia, a Dirección de Patrimonio Natural da Xunta, e Turismo do Porto e Norte de Portugal.

Tui dedica unha rúa do centro urbano aos Mártires de Sobredo

Undefined

A lembranza dos Mártires de Sobredo queda dende onte presente no rueiro de Tui coa rúa que leva o seu nome. Onte á tarde tiña lugar o acto de descubrimento da placa no vieiro situado entre a rúa Casal Aboy e a Avenida da Concordia que pasa a denominarse rúaa Mártires de Sobredo.  Onte precisamente cumpríanse 100 anos dos sucesos nos que perderon a vida Cándida, Joaquín e Venancio. Onte os seus familiares eran os encargados de descubrir a placa da rúa acompañados polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e pola presidenta do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, Marga Romero. 

Mañá preséntase a 1ª San Silvestre de Tui que se celebrará o 31 de decembro. Será solidaria coa AACC

Undefined

Mañá mércores, 30 de novembro, ás 11.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 1ª San Silvestre de Tui “Correr e Andar” a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración co Protección Civil de Tui, a Policía Local de Tui, Radio Municipal de Tui e diferentes empresas patrocinadoras. Celebrarase  o sábado 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

O Concello de Tui reitera o seu sólido e firme compromiso coa igualdade efectiva entre mulleres e homes no manifestou do 25N

Undefined

O edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada acolleu esta tarde o acto conmemorativo do #25.

Cun peza chea de simbolismo "Desalento" a actriz e dramaturga Mónica Sueiro foi a encargada de abrir a actividade.

A continuación Belén Romero, profesora e coordinadora da Biblioteca do IES San Paio, deu lectura a unha carta que da voz  a todas aquelas mulleres que non son quen de berrar o que lles pasou ou o que lles está a pasar.

O luns descubrirase a placa da rúa Mártires de Sobredo

Undefined

O próximo luns, 28 de novembro, ás 17 h terá lugar o acto de descubrimento da placa que da nome á rúa “Mártires de Sobredo”, será no cruzamento entre a actual prolongación da rúa Alcalde José Casal Aboy e a avenida da Concordia, dando cumprimento así ao acordo unánime do Pleno da Corporación Municipal de Tui na sesión ordinaria do pasado 29 de setembro.

A corporación municipal de Tui celebra este xoves o pleno ordinario de novembro

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 24 de novembro, ás 20 h pleno de carácter ordinario, será a sesión 9/2022. A orde do día é a seguinte: 

A) Parte resolutiva: 

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 8/2022 de data 29/09/2022. 

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021). 

Os nenos e nenas alzaron hoxe a súa voz contra a violencia de xénero no pleno infantil

Undefined

Sheila, Xoán, Elisa, Gabriel, Mara, Lorena, Carlos, Eva, Mara, Diego, David, Elena, Javier,.. foron parte dos nenos e nenas que esta mañá protagonizaron o primeiro pleno infantil celebrado no Concello de Tui coincidindo coa conmemoración este domingo, 20 de novembro, do Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Unha sesión plenaria especial coa que amais o Concello de Tui abre un proceso de participación infantil e adolescente que hoxe neste pleno foi tamén refrendado por unanimidade.

O Concello de Tui retoma o vindeiro martes 22 de novembro o Foro do Camiño Portugués

Undefined

O Concello de Tui retoma o vindeiro martes, 22 de outubro, ás 19,30 horas no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) a celebración do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza na nosa cidade do director da Área de Cultura Xacobea da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo, que pronunciará unha conferencia titulada: “Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago”.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía