Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

En marzo incorporaranse á Policía Local de Tui cinco novos axentes

Undefined

A Policía Local de Tui contará con cinco novos axentes a partir do mes de marzo, co que o número de efectivos pasará a ser de once axentes e un inspector xefe. Nas últimas semanas o servizo viuse afectado debido á baixa laboral de tres dos seis axentes con que conta actualmente o corpo, así coma a baixa do inspector xefe que continúa nestes momentos.

Os cinco novos axentes obtiveron a praza na Oferta de Emprego Público de 2021 e tras a súa formación durante un ano na Academia Galega de Seguridade, incorporaranse ao seu posto de traballo en Tui nas próximas semanas.

O alcalde de Tui abordou co director xeral de Cultura a programación do ano Francisco Sánchez

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu hoxe na Casa do Concello tudense ao director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Anxo Lorenzo Suárez. O obxecto desta xuntanza foi presentarlle ao máximo responsable da acción cultural da Xunta de Galicia o programa elaborado polo Concello de Tui para a celebración deste ano 2023 como “Ano Francisco Sánchez”.

A Mancomunidade do Baixo Miño pedirá unha partida orzamentaria excepcional para os danos provocados polas choivas

Undefined

Alcaldesas e alcaldes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño reuníronse este luns de urxencia para valorar os cuantiosos danos sufridos nos catro concellos (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) tras o temporal e as abundantes choivas acumuladas durante a xornada de ano novo.

Hoxe comezou o planetario “Viaxando polo universo” na Biblioteca Municipal de Tui

Undefined

Un total de 360 persoas participarán dende hoxe ata o mércores 4 de xaneiro nas diversas sesións do “Planetario viaxando polo universo”, unha actividade de divulgación científica dirixida a todas as persoas interesadas no mundo da astronomía. Maioritariamente trátase de nenos e nenas pero tamén de afeccionados ao mundo da astronomía que non queren perderse esta actividade.

A Policía Local rescata a unha muller e aos seus tres cans que caeron por un talude de 4 metros en Caldelas

Undefined

Axentes da Policía Local de Tui rescataron este martes, 27 de decembro, a primeira hora a tarde a unha muller que caera por un talude duns catro metros ao río Miño en Caldelas.

Os feitos tiveron lugar no lugar de O Cachón na parroquia tudense de Caldelas este pasado martes pasadas as dúas da tarde cando a muller tentando rescatar a un dos cans caeu polo talude sendo incapaz de saír. Foi unha veciña que a acompañaba a que deu a voz de alarma ao 112, que a súa vez trasladou o aviso á Policía Local de Tui.

A Red de Juderías de España fai balance e estuda novas accións na súa asemblea anual celebrada en Toledo

Undefined

A cidade de Toledo acolleu a 62ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España. Na mesmo rematou a presidencia desta asociación por parte do alcalde de Lucena, Juan Pérez, que en 2023 será substituído polo alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé. Deste xeito Monforte, unha das tres cidades que integran a Red, sitúase ao fronte desta agrupación. O Concello de Tui estivo representado na asemblea pola concelleira Ana Maria Núñez Álvarez.

Tui participa hoxe na asemblea da Red de Juderías – Caminos de Sefarad en Toledo

Galego

A cidade de Toledo acolle hoxe mércores, 14 de decembro, a celebración da Asemblea xeral da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad que tratará, entre outros temas, o relevo na presidencia da Red que corresponde transmitir dende a cidade de Lucena á cidade de Monforte de Lemos, que desempeñara esta función ao longo do ano 2023.

O Museo Sefardí de Toledo acolle esta asemblea na que tamén se aprobarán os orzamentos para 2023.

Tui acometerá a reforma integral do seu Mercado Municipal cun investimento de 1,6 millóns de euros

Undefined

O Mercado Municipal de Tui, situado na rúa Maristas, será obxecto dunha reforma integral coa finalidade de mellorar tanto as instalacións coma a experiencia de compra no mesmo de cara a lograr o recoñecemento coma Mercado Excelente.

O Concello de Tui elaborou un ambicioso proxecto no que se aposta non só por esta reforma integral da praza de abastos, senón tamén pola dixitalización e revitalización do comercio local  e do mercado semanal dos xoves.

Tui outorga a súa máxima distinción ao bispo D. Luís Quinteiro Fiuza

Undefined

Recoñecer a súa estreita vinculación á cidade, e o seu labor na Catedral, foron dous dos aspectos destacados este mediodía no acto e entrega da medalla de honra do concello de Tui na súa categoría de ouro, ao bispo da Diocese de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza.

O salón de sesións da casa do concello acolleu o solemne acto presidido polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación municipal, e a outras autoridades.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía