Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Os Servizos Sociais distribuíron este Nadal os alimentos recollido a cambio de libros na Biblioteca Municipal

Undefined

Os libros transformáronse durante este Nadal en alimentos no mercadiño solidario organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui en favor dos Servizos Sociais Municipais.

Os libros destinados ao expurgo conformaron un mercadillo no que a veciñanza podía escoller aqueles exemplares do seu interese e cambialos por produtos de Nadal e alimentos non perecedoiros.

En xaneiro comezará en Tui un novo curso de Deshabituación Tabáquica

Undefined

O departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, un curso de Deshabituación Tabáquica.

Vai dirixido a todas as persoas fumadoras, maiores de 18 anos, que desexen deixar este hábito. É un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono.

A casa do concello iluminouse de rosa polo Día Mundial contra o Cancro de mama

Undefined

A casa do concello de Tui iluminouse de rosa esta pasada noite con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama que tivo lugar onte luns. Deste xeito o Concello de Tui súmase ás iniciativas que cada 19 de outubro buscan concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.  Cómpre lembrar que o cancro de mama é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, e que en España diagnostícanse cada cano 33.307 novos cancros de mama. 

O Concello de Tui e o IKFEM agradecen con música aos voluntarios da COVID19 o seu labor

Undefined

O Concello de Tui e o IKFEM amosaron onte o seu agradecemento aos colectivos que dende o inicio da pandemia teñen colaborado co Concello en diversas facetas. O agradecemento chegou en forma de velada musical coa asistencia de 25 persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño e do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paul ao concerto inaugural que ofreceu no Teatro Municipal o Quarteto Contratempus. 

Pages

Subscribe to RSS - Servizos Sociais