Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Os Servizos Sociais distribuíron este Nadal os alimentos recollido a cambio de libros na Biblioteca Municipal

5/01/2021

Os libros transformáronse durante este Nadal en alimentos no mercadiño solidario organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui en favor dos Servizos Sociais Municipais.

Os libros destinados ao expurgo conformaron un mercadillo no que a veciñanza podía escoller aqueles exemplares do seu interese e cambialos por produtos de Nadal e alimentos non perecedoiros.

A acollida brindada polos veciños e veciñas de Tui superou as expectativas iniciais da campaña. Persoal do departamento de Servizos Sociais recolleu estes alimentos e posteriormente os distribuíu entre as familias as que presta axuda, contribuíndo deste xeito a que seu Nadal fose tamén máis doce.  

Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración da veciñanza así coma do persoal da Biblioteca Municipal.