Un neno saharauí pasará o verán en Tui nunha familia de acollida
Un neno saharauí de 8 anos, Yusef Abderrahman, pasará o verán en Tui no seo dunha familia de acollida. Grazas ao programa Vacacións en Paz que organiza Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, SOGAPS, este cativo pasará os meses estivais na cidade.