Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

A escape room “Estrelas” celebrarase o domingo 13 de marzo dentro dos actos do 8M

Undefined

“Estrelas” é o nome da experiencia de escapismo feminista que se celebrará en Tui o vindeiro domingo 13 de marzo, ás 11 h dende a Praza de San Fernando.

Esta actividade, organizada pola Concellería de Igualdade coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui, forma parte do programa organizado entorno ao 8M, Día Internacional das Mulleres.

Mañá preséntase o programa de actividades do 8M

Undefined

Mañá venres, 4 de marzo, ás 11 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do programa de actividades organizado polo Concello de Tui con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Muller e Igualdade, Ana Núñez, xunto a representantes do tecido asociativo feminino do municipio.  

En marzo celebrarase o ciclo “Xuntas aprendemos” dentro do programa conmemorativo do 8M

Undefined

“Xuntas aprendemos” é o título das actividades que se van desenvolver os xoves do mes de marzo na Aula da UNED de Tui organizadas pola concellería de Igualdade do Concello de Tui dentro dun proxecto colaborativo coa aula universitaria tudense. Esta actividade forma parte do programa previsto para conmemorar o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. 

O Concello de Tui presente na comisión galega que viaxou ao Sáhara para coñecer in situ a situación e necesidades do pobo saharauí

Undefined

. O Concello de Tui formou parte da comisión galega que a semana pasada viaxou aos campamentos de refuxiados saharauís da man de SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.  O concello tudense estivo representado pola concelleira de Emprego e Igualdade, Ana María Núñez.

Unha xornada técnica de igualdade e comunicación pecha este sábado en Tui os actos do 25N

Undefined

Este sábado, 18 de decembro, terá lugar na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, unha Xornada Técnica en Igualdade e Comunicación organizada pola concellería de Igualdade o Concello de Tui que pecha a programación elaborada con motivo do 25N e ao abeiro do programa Maruxa Mallo, financiado pola Deputación de Pontevedra.

O Concello de Tui edita unha guía de apoio e consulta con recursos e contactos dirixida especialmente ás mulleres

Undefined

“Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos” é o título da guía presentada onte á tarde na Sala de Exposicións Municipal, no edificio  Francisco Sánchez – Área Panorámica, dentro das actividades organizadas polo Concello de Tui en torno ao 25N. Foi financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Maruxa Mallo.

“Peúgo, o calcetín melenudo” chega mañá á Biblioteca Municipal

Undefined

Mañá martes, 30 de novembro, ás 17.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá a presentación do libro destinado ao público infantil “Peúgo, o calcetín melenudo” da mestra e escritora Jessica Rodríguez Piñeiro.

É un álbum ilustrado infantil, orientado dende os 5 anos, en galego con temática social. Trata de xeito sutil o tema da violencia de xénero a través da personaxe do calcetín e a súa confidente, a lavadora Ramona. 

Mañá preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Undefined

Mañá martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio  Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”. Esta publicación ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. A edición da guía corresponde ao concello de Tui contando co financiamento da Deputación de Pontevedra. 

Pages

Subscribe to RSS - Igualdade