Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Preto de 70 mulleres empresarias, emprendedoras e directivas galegas e portuguesas conectaron en Tui

Undefined

Exitoso balance do networking “Mulleres Conectadas” celebrado o pasado venres na aula da UNED de Tui no que participaron preto de 70 mulleres de Galicia e Portugal.  Esta actividade formou parte da programación do 8M, Día Internacional da Muller, ampliando este ano o seu ámbito á Eurocidade Tui-Valença.

Foi unha mañá de aprendizaxe e coñecemento a través de encontros, de intercambio de experiencias, de iniciativas postas en común e de historias doutras mulleres cuxos proxectos de vida ou empresariais serviron de inspiración para as asistentes.

Encontro coa futbolista Paula Dapena, networking Mulleres Conectadas e roteiro esta semana dentro da programación do 8M

Undefined

A futbolista galega Paula Dapena estará mañá en Tui para participar nunha nova actividade do programa organizado polo  Concello de Tui con motivo do Día Internacional da Muller. Mañá xoves, ás 20 h na Sala Félix Rodríguez haberá un encontro coa deportista baixo o título de “A futbolista galega que se negou a gardar un minuto de silencio por Diego Armando Maradona”.

A acción artística “Deshabitada” e a lectura do manifesto por Carmen Verde centran mañá a conmemoración do Día Internacional da Muller en Tui

Undefined

Mañá venres, 8 de marzo, o Concello de Tui celebrará o acto conmemorativo do Día Internacional da Muller ás 18.30 h no edificio da praza da Inmaculada.

O programa previsto comezará coa actuación da recoñecida arpista directora do CRA Mestra Clara Torres, Marta Quintana, para dar paso á acción artística “Deshabitada” a cargo da actriz Nerea Brey e a videocreadora Miriam Rodríguez.  Trátase dunha proposta teatral sobre os coidados, e sobre como o feito de que estes acaben recaendo exclusivamente na muller supón unha forma máis de machismo, da que non sempre somos conscientes.

Tui celebra a terceira edición de Mulleres Conectadas, un encontro de mulleres, empresarias, emprendedoras e directivas

Undefined

O próximo venres, 15 de marzo, celebrarase a terceira edición do Networking Mulleres Conectadas, que forma parte da programación organizada polo Concello con motivo do 8M, o Día Internacional da Muller. Este evento terá este ano carácter internacional ao abrirse a participación a mulleres tanto de España coma de Portugal a través da Eurocidade Tui-Valença. O obxectivo do networking é brindar un espazo de encontro entre mulleres empresarias, emprendedoras e directivas para crear oportunidades de negocio e exitosas colaboracións.

Tui conmemora o Día Internacional da Muller co lema “Contra o negacionismo, máis feminismo”

Undefined

“Contra o negacionismo máis feminismo” é o lema da programación organizada polo Concello de Tui con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. A imaxe da campaña foi realizada por segundo ano consecutivo pola ilustradora Alba Casanova. Dende este xoves a casa do concello iluminarase de morado e lucirá unha pancarta coa imaxe e lema da campaña.

O obradoiro “Tecendo feminismo” abre este sábado a programación do 8M en Tui

Undefined

Tui abre a programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, este sábado, 2 de marzo, a partir das 10.30 h no edificio da praza da Inmaculada co obradoiro “Tecendo feminismo”.

 Nesta actividade elaborarase un lazo morado, símbolo da loita feminista, en crochet da man  de MYR Lanas e coa colaboración de Katia Lanas. Non é preciso inscrición previa e poderán participar todas as persoas que o desexen até completar o aforo.

O Concello de Tui dará a coñecer nos próximo días a programación completa do 8M.

O Club de Lectura “Tempo de Mulleres” retoma a súa actividade o 1 de marzo

Undefined

O Club de Lectura Feminista “Tempo de Mulleres” retoma a súa actividade o próximo venres 1 de marzo, ás 19 h, no edificio Francisco Sánchez. Impulsado pola concellería de Igualdade conta coa  colaboración da Asociación de Mulleres Feministas Berra e da Biblioteca Municipal. Reunirase mensualmente para compartir a lectura e análise de obras escritas por mulleres dende unha perspectiva de xénero. A data da reunión acordarase entre todas as mulleres participantes.

Pages

Subscribe to RSS - Igualdade