Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Tui celebra mañá o acto conmemorativo do 25N

Undefined

Mañá venres, 25 de novembro, ás 19 h terá lugar no interior do edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada, o acto conmemorativo do 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.  Este é o acto central do programa elaborado pola concellería de Igualdade centrado este ano na educación. No mesmo romperanse as barreiras da comunicación xa que se contará cunha persoa intérprete de lingua de signos grazas á colaboración establecida con FAXPG, Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Mañá martes celébrase a mesa redonda “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección”

Undefined

Dar a coñecer os recursos a dispor das posibles vítimas e da sociedade ante un caso de violencia machista é o obxectivo da mesa redonda que se vai celebrar martes, 22 de novembro, ás 19 h na sala prensa, no primeiro andar do edificio Francisco Sánchez dentro do programa de actos do 25N.  Baixo o título de “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección” na mesma abordarase a atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas, os protocolos de protección e os recursos públicos.

Mañá preséntase a VI Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Mañá martes, 22 de novembro, ás 11.00 horas españolas, no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, terá lugar a presentación da VI Urban Trail Night Eurocidade, carreira nocturna organizada polas empresas Noko360 e Sra. Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A Urban Trail Night eurocidade celebrarase este sábado, 26 de novembro, a partir das 20.30 horas, con saída dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

O papel da educación para facer fronte á violencia de xénero centra o programa do 25N do Concello de Tui

Undefined

Dando voz aos nenos e nenas para coñecer a súa mirada sobre un tema tan importante coma a violencia de xénero, no pleno infantil celebrado onte venres, comezou o programa de actividades organizado polo Concello de Tui con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional para a erradicación da Violencia Contra a Muller.

Os nenos e nenas alzaron hoxe a súa voz contra a violencia de xénero no pleno infantil

Undefined

Sheila, Xoán, Elisa, Gabriel, Mara, Lorena, Carlos, Eva, Mara, Diego, David, Elena, Javier,.. foron parte dos nenos e nenas que esta mañá protagonizaron o primeiro pleno infantil celebrado no Concello de Tui coincidindo coa conmemoración este domingo, 20 de novembro, do Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Unha sesión plenaria especial coa que amais o Concello de Tui abre un proceso de participación infantil e adolescente que hoxe neste pleno foi tamén refrendado por unanimidade.

O concello de Tui pon en marcha un proceso de dinamización da participación da infancia

Undefined

Dar voz ás preocupacións, inquedanzas e propostas da poboación máis nova do municipio, nenos, nenas e adolescentes, é o obxectivo do proceso de dinamización da participación infantil que vén de pór en marcha o Concello de Tui. A medio prazo buscarase poder chegar á declaración de Tui coma cidade amiga da infancia pola UNICEF.

O 15 de novembro comeza o club de lectura feminista Tempo de Mulleres

Undefined

O próximo 15 de novembro o club de lectura Tempo de Mulleres retoma a súa actividade impulsado pola concellería de Igualdade en colaboración coa Biblioteca Municipal e dinamizado pola escritora tudense Conchi Regueiro.

Esta iniciativa vai dirixida a mulleres, ofertándose un máximo de 15 prazas. As persoas interesadas deben inscribirse no correo electrónico biblioteca@tui.gal ou no teléfono 617 498 103.

Tui acolle tres cursos de competencias dixitais para mulleres

Undefined

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei acollerá do 1 de setembro ao 11 de outubro tres cursos do programa GALEGAS DIXITAIS que ten como finalidade a formación para a dixitalización de mulleres desempregadas, organizado por beProject Consultores e Ara Formación e no que colabora o Concello de Tui. 

As mulleres que realicen esta formación, con carácter gratuíto, recibirán ao remate título oficial acreditativo. 

Feminino Plural

Feminino Plural, é un programa innovador, integral e intensivo para o impulso das mulleres. Estrutúrase entorno a 4 eixos:: a formación, a atención xurídica, a atención psicolóxica e o asesoramento para o emprego, intermediación e prospección laboral.  Ao longo dos próximos meses traballará de xeito transversal nestas áreas para acadar a plena autonomía das mulleres tudenses.

Undefined

Obradoiros, talleres formativos e consultas personalizadas para mulleres no programa Feminino Plural

Undefined

O Concello de Tui vén de pór en marcha Feminino Plural, un programa innovador, integral e intensivo para o impulso das mulleres. Esta semana tivo lugar, na Aula da UNED, a presentación do mesmo por parte da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e das técnicas que conforma o equipo multidisciplinar desta acción.

Pages

Subscribe to RSS - Igualdade